Novas

MINUTO DE SILENCIO EN RECORDO DE LAURA LUELMO

A comunidad educativa do IES de Curtis, o martes 18 de decembro ás 12:00 h, dedicou un minuto de silencio á profesora asasinada en Huelva.

 

 

100% DE APROBADOS EN SELECTIVIDADE!!!

UN ANO MÁIS O NOSO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO OBTIVO UN 100% DE APROBADOS NAS PROBAS ABAU.

NORABOA A TODOS/AS!!!

CARTA INFORMATIVA ÓS PAIS E NAIS DE FIN DO CURSO 2017-18

Ante a próxima finalización do curso 2017-18 achegámoslles información sobre o calendario previsto para os meses de xuño, xullo e setembro. Os horarios poden estar suxeitos a cambios que estarán publicados no taboleiro do IES habilitado no mes de xullo. Feliz verán!

PLAMBE, E-LBE. CLUB DE LECTURA

 

.

- Polo que respecta ó PLAMBE, o equipo de biblioteca solicitouno, mediante o oportuno proxecto, por noveno ano consecutivo, para este curso 2017-18: foille condedido novamente, cunha cuantía de 1500 € destinados á adquisición de fondos diversos (libros en formato papel ou dixitais, publicacións periódicas e DVD), tal como se recolle na Orde do 13 de outubro de 2017 (DOG do 24 /10 / 2017).

 

 

 

HORARIO DE TITORÍA DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS

ESTE CADRO CONTÉN A HORA DE TITORÍA DE TODO O PROFESORADO, DE TODOS MODOS ANTES DA SÚA VISITA, POR FAVOR, PIDAN CITA.

CONTRATOS PROGRAMA 2017-2018

ESTE CURSO TEMOS CONCEDIDOS DOUS CONTRATOS PROGRAMA

 

1.- Reforzo,orientación e apoio (PROA). Vai dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO que precisa un apoio académico fóra do horario lectivo. Leva incluido transporte cando sexa necesario. As clases serán de 14:45 a 15:45 h no 1º turno e de 16:45 a 18:45 h no 2º, as tardes dos martes e mércores ata o 15 de xuño.

 

4ª XORNADA DA XXV SEMANA CULTURAL

O martes 27 visita o noso IES Juan Antonio Sánchez-Tembleque, da Consellería de Medio Rural, da Xunta de Galicia, para analizar en profundidade a problemática dos incendios, que destrúen o noso patrimonio natural.

Distribuir contido