Novas

RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES

 

A nosa alumna de 2º de Bacharelato: Alicia Seoane Freire, despois de ter obtido unha cualificación superior a 9 entre a nota da ABAU e a media de Bacharelato, será homenaxeada nun acto que se celebrará no Pazo de Congresos de Santiago o venres día 30 de xuño ás 18:00 h. Este acto está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e nel premíase a o alumnado que cumpre as condicións ditas.

 

VISITA DO IES DE ARZÚA AO NOSO CENTRO

O alumnado de 3º da ESO do IES de Arzúa, visitou o noso centro para coñecer os ciclos de FPB de Mantemento de vehículos e  de Servizos administrativos e os ciclos medios de Electromecánica de vehículos e Sistemas microinformáticos e redes.

VI XORNADAS DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

VI XORNADAS DE FORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE CEIP Francisco Vales Villamarín - ANPA Brigantium – IES Francisco Aguiar CFR A Coruña - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Excmo. Concello de Betanzos 2 e 3 de xuño de 2017 – Aula de Cultura Xulio Cuns (edificio Liceo) BETANZOS

NESTAS XORNADAS AS NOSAS COMPAÑEIRAS DA BIBLIOTECA: MARÍA SÁNCHEZ MANTEIGA E BEGOÑA CENTOIRA BELLO PRESENTARÁN UNHA PONENCIA TITULADA: E TI SABES LER... PUBLICIDADE?

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017. DEDICADO A CARLOS CASARES

 

Desde o noso centro quixemos contribuir á celebración do día das Letras Galegas, cunha homenaxe ao escritor galardoado este ano: CARLOS CASARES MOURIÑO.

INNOVA FP 2017

O noso centro participou por primeira vez no concurso "INNOVA FP 2017", en colaboración co IES MARÍA CASARES onde está o noso compañeiro Narciso. Presentouse un proxecto titulado: SEGUIMENTO DE AERONAVES EN TEMPO REAL. Este proxecto foi desenvolvido polo ciclo de Informática do noso centro e o de Electricidade do María Casares.

A experiencia resoltou moi positiva e esperamos concorrer o próximoo curso con novas ideas.

FESTIVAL NADAL 21 DE DECEMBRO 2016

 

 

O comezo do festival de NADAL é as 10.30 horas. Remata ás 11.50 horas. O programa é o seguinte:

 

 

 

1- “Hey Jude”: voz, flautas, piano e placas. 1º e 2º BAC.

 

 

2- “Nuestra canción de Navidad”: baile. 4º ESO.

 

 

Distribuir contido