PLAMBE, E-LBE. CLUB DE LECTURA

 

.

- Polo que respecta ó PLAMBE, o equipo de biblioteca solicitouno, mediante o oportuno proxecto, por noveno ano consecutivo, para este curso 2017-18: foille condedido novamente, cunha cuantía de 1500 € destinados á adquisición de fondos diversos (libros en formato papel ou dixitais, publicacións periódicas e DVD), tal como se recolle na Orde do 13 de outubro de 2017 (DOG do 24 /10 / 2017).

 

 

 

- O noso IES, integrado tamén no Proxecto E-LBE, concebido para difundir a lectura dixital nas bibliotecas escolares, entrou neste curso na segunda fase do proxecto, destinada a actualizar os medios materiais da biblioteca para poder facilitar actividades relacionadas con esta forma de ler. Veñen de serlle concedidos 2000€ para adquirir dispositivos nos que se poida realizar este tipo de lectura. (COMUNICACIÓN DIRECTA AO DIRECTOR DO CENTRO POR CARTA ENVIADA POLO DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RRHH, CON DATA DO 29/12/2017)

 

 

- Igualmente solicitouse, tamén por noveno ano consecutivo a participación nas axudas ao mantemento dos Clubs de Lectura, convocadas pola Dirección Xeral de Centros e RR HH. Na resolución do 28 de decembro de 2017 infórmase da adxudicación de 1420 €, destinados maioritariamente á adquisición de fondos, podéndose destinar un máximo do 25% da contía total á organización de actividades relacionadas co fomento e consolidación dos hábitos lectores.

 

 

As tres iniciativas (participación no PLAMBE, no E-LBE 2 e na rede de clubs de lectura galegos) son ferramentas importantes para axudar a materializar os obxectivos do noso Proxecto Lector e do PLAN ANUAL DE LECTURA, en tanto que permiten incrementar a colección ofrecida á comunidade educativa e o número e tipo de soportes de lectura.