Skip to Content

IMPRESOS RECLAMACIÓNS CUALIFICACIÓNS E PROMOCIÓN

Para poder formalizar a túa reclamación sobre Cualificacións ou Promocións, descarga o documento. Podes entregalo na secretaría do IES

CREAcción Día do Libro: “Roteiro pola Vilamorta de Emilia Pardo Bazán”

Seguindo o rumbo marcado polas  Xeografías Lectoras, lema deste ano para as Bibliotecas Escolares de Galicia, no noso centro propuxémonos percorrer a nosa propia xeografía, é dicir, a nosa propia vila, cunha mirada nova… A idea naceu cando o Concello do Carballiño decidiu reeditar o libro de Emilia Pardo Bazán “El cisne de Vilamorta” e regalou ao noso centro varios exemplares do libro.  Neste libro Emilia Pardo Bazán, convertiu a O Carballiño en “a Vilamorta”.  

Foi o alumnado de 4º ESO o elexido para facer a homenaxe a Emilia Pardo Bazán cun roteiro no que o venres 23 de Abril, Día do Libro, percorrimos os distintos lugares que aparecen na novela, e limos fragmentos do libro. 

Aínda que xa vos deixamos un pequeno vídeo-resumo da actividade, recollimos todo o traballo feito no seguinte vídeo xa máis completo e que, por fin, temos editado. 

Agardamos que vos guste!

SAN VALENTÍN: REGALA UNHA PALABRA

O alumnado de 2º ESO, coa profe Yolanda, fixo esta actividade para o 14 de febreiro... Aquí vos deixamos como a fixeron!

Serías ti un dos afortunados que recibiu un destes agasallos nesta data?

CARTA ECHE.- ERASMUS +

Ao IES Manuel Chamoso Lamas foille concedida a Carta ECHE para o período 2021-2027. Isto permitirá realizar movilidade Erasmus+ de Educación Superior. O noso alumnado de Grao Superior poderá realizar a súa FCT en calquer país da Unión Europea.

Para visualizar o documento pica na imaxe

ROSALÍA SEMPRE VIVA

Vídeo realizado polos estudantes do IES Chamoso Lamas en colaboración coa Biblioteca e os departamentos de Normalización e Gallego.

 

FESTIVAL ONLINE DE ROSALÍA

Festival online de Rosalía de Castro

25 de febreiro ás 12h os alumnos de 1º, 2º e 3º da ESO participarán no Festival on line de Rosalía realizado por Sérgio Tannus.

Pica no enlace para acceder ó directo.

ACCIÓNS FORMATIVAS PARA PERSOAS DESEMPREGADAS

No I.E.S. Manuel Chamoso Lamas vanse desenvolver dous cursos AFD destinados a persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • nivel de estudios E.S.O. ou equivalente
  • persoas desempregadas inscritas no Servicio público de emprego de Galicia

 

Inscripcións.

 

Usuarios rexistrados, con DNI-e ou certificado dixital: neste enlace seleccione o curso que lle interese e pinche en SOLICITAR.

Ou ben solicite cite previa na oficina de emprego de O Carballiño neste enlace.

 

Información de cada curso nos seguintes enlaces:

 

 

ALIMÉNTATE BEN.- PLAN PROXECTA 2020-2021

O Chamoso partcipa este curso escolar 2020/2021 no Plan Proxecta, máis concretamente no programa "Aliméntate Ben". durante o curso escolar 2020/21. Para coñener máis detalles do que imos a aprender, pica no enlace.

CARTES DE NOËL (1º ESO)

Para celebrar a chegada do Nadal, o alumnado de 1º ESO de Francés engalanou o corredor principal do IES Chamoso con vistosas postais navideñas. Este ano, atendendo ás normas da Covid-19, hai que traballar de maneira individual pero non por iso con menos ilusión e ganas para desexarlle a toda a comunidade educativa do centro: Joyeux Nöel et Bonne Année 2021. O resultado podédelo ver nas fotografías.

Álbum: CURSO 2020-2021 -> Carte de Noël
Distribuir contido


by Dr. Radut