En Arnoia, Arnoia Nmógadah, un dos príncipes Segredos das terras de Arnoia vese preso e forzado ao exilio polo pobo dos veciños, invasores da súa terra e asasinos de Mai Loretta, quen antes de morrer lle dá dous obxectos: unha bolsiña máxica e o Libredón. Coa axuda do Libredón, Nmógadah e o Mestre Lionel libéranse dos seus captores e comezan as súas aventuras: o encontro co xigante Hannak, as fragas de Brocelandia, onde recibe a espada Milmanda, as minas de Grou...
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta Ledicia Costas
O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo tras a pista das misteriosas mulleres planta. Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura…
Malena e Rosalía son as gañadoras.
Estas dúas rapazas de 3º ESO-A obtiveron “ex aequo” o premio do concurso convocado desde a Biblioteca para coñecer máis sobre a cultura dos mortos en distintas partes do mundo (México, Xapón, Exipto, Galicia).
Os nosos sinceros PARABÉNS !!
O xoves 15 de novembro os alumnos de terceiro e cuarto tiveron a oportunidade de disfrutar de novo da actividade de Contacontos en inglés e galego, da man das narradoras Patricia McGill e Charo Pita. Escoitamos contos con elementos tradicionais coma bruxas, cabaleiros, princesas e o rei Arturo, amenizados por estas profesionais do relato. Foi unha experiencia moi interesante! Aquí vos deixamos un fragmento da actuación:
Un grupo de alumnos de cuarto fixeron varias reseñas desta actividade, aquí volas deixamos:
O pasado 30 de outubro celebramos na biblioteca co alumnado de 1º da ESO as xa tradicionais Lecturas “Quen dixo medo?” arredor das datas do Samaín e Defuntos.
Léronse fragmentos de A neve interminable de Agustín Fernández Paz, o relato íntegro de Poe “El corazón delator”, narracións breves en galego e os microrrelatos de terror gañadores en anteriores edicións do concurso convocado desde a biblioteca.
Os rapaces amosáronse participativos e os de 1º A e 1º B mesmo se animaron a contar eles mesmos historias de medo diante dos seus compañeiros nun ambiente preparado para o caso na biblioteca por Pablo Samartín e os seus alumnos de PMR.
A nosa biblioteca convida nestas datas a buscar información sobre o culto aos defuntos. Pódese participar nun concurso aberto ata o 6 de novembro. Foinos cedido polo noso compañeiro de LCL Pedro Iturburúa, procedente da biblioteca Mª Victoria Moreno do IES Torrente Ballester de Pontevedra.
Animádevos a participar. Quen gañe obterá un terrorífico premio!
Aínda que foi escasa a participación, non queremos deixar de mencionar que algúns se atreveron a contar en dez linguas diferentes o famoso microrrelato de Augusto Monterroso “El dinosaurio”, no concurso convocado desde a biblioteca con motivo do Día Internacional da Tradución, o 30 de setembro.
Ninguén acadou a perfección nas súas versións, algunhas a linguas ben afastadas da nosa, pero os que máis se achegaron podémolos ver aquí recibindo un pequeno agasallo en recordo da súa incursión no eido da tradución.
Parabéns a todos eles!
Con motivo do Día Europeo das Linguas e mais do Día Internacional da Tradución, que se celebra cada ano o 30 de setembro en recordo do falecemento de san Xerome de Estridón, tradutor da Biblia (o libro máis traducido), a biblioteca convoca este ano un concurso no que o alumnado pode amosar a súa competencia en linguas estranxeiras -ou pensar en iniciarse nalgunhas-.
Xa que no centro hai alumnado de 24 nacionalidades distintas nas que se falan moitas linguas que algúns coñecerán, convidamos a todos a traduciren o famoso microrrelato do guatemalteco Augusto Monterroso "El dinosaurio" ao maior número posible de linguas.
Toda a información, no vestíbulo... e na biblioteca, por suposto!
Animádevos!!
Muiñeira grabada no Ies Castelao en xuño 2018 con participación de alumnado de 2º ESO, 3º ESO e 1º Bacharelato.
Moitas grazas a todos os participantes e tamén os que axudastedes a grabala.
Clic no título Global Muiñeira para poder ver os 2 vídeos
Fotos da Muiñeira Xuño 2018 feitas por Noelia de 3º ESO. Moitas grazas Noelia.