Actividades 2018/2019

Obradoiro no Verbum

          O 21 de marzo un grupo de alumnado de 4ºESO participaou coa artista Cristina Fernández nun proxecto contra a invisibilidade das mulleres que se desenvolveu no Verbum. Esta actividade enmárcase dentro do programa Creavigo. A obra que realizaron está exposta no corredor do noso IES.

Álbum: Curso 2018/2019 -> Creavigo

Visita a Tui

          O pasado 20 de marzo alumnos do noso centro visitaron Tui, coñeceron o arquivo diocesano e realizaron unha visita guiada por esta fermosa vila. Aquí vos deixamos algunhas fotos desta actividade:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Visita a Tui

Festival de teatro grecolatino de Ourense

          O 25 de marzo un grupo de alumnado do noso centro asistiu á XVI edición do Festival Teatro Grecolatino que se desenvolveu en Ourense:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Festival Teatro Grecolatino Ourense

Obradoiro de Loita

     Os días 22, 25, 26 e 27 de marzo, o alumnado de Educación Física participou nun obradoiro de Loita impartido por Rubén Méndez de man da Federación Galega. Aquí vos deixamos algunhas fotos da actividade:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Obradoiro de Loita

Obradoiro de Béisbol

     En marzo, o alumnado de Educación Física de 1º e 2º ESO participou nun obradoiro de Béisbol organizado polo Club Trasnos:

Álbum: Curso 2018/2019 -> Obradoiro de Béisbol

Unha rosa é unha rosa

unha rosa e unha rosa (unha comedia de medo) 4ªed-suso de toro-9788483020999

Unha rosa é unha rosa

                                             Suso De Toro

 

 

Un grupo de alumnos de 1º Bac A e B lemos ao longo do 2º trimestre esta obra de teatro de Suso de Toro.

Os nenos da varíola

Os nenos da varíola

                                       María Solar

 

Os membros do Club de Lectura de novela histórica lemos ao longo do mes de marzo esta novela de María Solar que levou o Premio Fervenzas Literarias 2017 ao Mellor Libro Xuvenil do ano e o Premio Gala do Libro 2018 na categoría de Mellor Obra Xuvenil.

Día Internacional do Teatro 2019

 

Nestes días andamos a celebrar o Día do Teatro, que se festexa o 27 de marzo. Facémolo lendo fragmentos dramáticos na Biblioteca. O alumnado de 2º e 3º da ESO está pasando uns bos momentos, para reflexionar nuns casos e para rir noutros, coa lectura de anacos de obras de teatro ou algunha peciña completa.

A maioría dos grupos que van pasando están lendo un fragmento do guión cinematográfico d´A lingua das bolboretas de Manuel Rivas, e… se cadra hai quen se identifica con algúns dos alumnos representados naquela aula!

Álbum: Curso 2018/2019 -> 27 de marzo: Día do Teatro

Fotos do Entroido 2019

Álbum: Curso 2018/2019 -> Entroido 2019

25 de febreiro: Día de Rosalía

     O pasado 25 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía con lecturas da súa obra en varios idiomas. Neste vídeo podedes ver un fragmento desta actividade:

Distribuir contido