O pasado 30 de outubro celebramos na biblioteca co alumnado de 1º da ESO as xa tradicionais Lecturas “Quen dixo medo?” arredor das datas do Samaín e Defuntos.
Léronse fragmentos de A neve interminable de Agustín Fernández Paz, o relato íntegro de Poe “El corazón delator”, narracións breves en galego e os microrrelatos de terror gañadores en anteriores edicións do concurso convocado desde a biblioteca.
Os rapaces amosáronse participativos e os de 1º A e 1º B mesmo se animaron a contar eles mesmos historias de medo diante dos seus compañeiros nun ambiente preparado para o caso na biblioteca por Pablo Samartín e os seus alumnos de PMR.