Con este título pódese visitar –se un non é obxector á actual forma de xestión do MARCO, onde se atopa- unha exposición que contempla desde diferentes ópticas a proxección do escritor no mundo e os mundos que creou ou nos que se inspirou.
O pasado mércores 25 de abril visitámola cos tres grupos de 1o da ESO e mais con 2º ESO-C.
Aquí podes ver algunhas fotos das Lecturas que desenvolveron o luns 23 de Abril, Día do Libro, os alumnos de 1º ESO A e C:
O pasado 24 de abril visitou o noso centro don Xesús Alonso Montero para dar unha charla ao alumnado de 1º de bacharelato sobre Mª Victoria Moreno, autora á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. O alumnado, que este trimestre leu Anagnórise, unha das súas obras máis representativas, seguiu con atención e interese a disertación do que foi presidente da RAG ata o 2017 sobre a vida e obra desta autora estremeña de nacemento mais galega de corazón e lingua.
Pica na imaxe para ver fotos do acto
Como cada ano desde 1930, celebramos en España esta festa para homenaxear a ese gran compañeiro que pode ser en tantas e tan diversas circunstancias un LIBRO. Posteriormente incorporouse tamén a defensa dos dereitos de autor, ignorados en tantas ocasións.
Igual que outros anos desde hai xa algúns, no instituto celebramos esta festa do libro e a lectura realizando unha serie de actividades para animar e incentivar ao alumnado ao coñecemento de autores clásicos e á lectura en xeral.
Este é o programa de actividades que desenvolve o Departamento de Lingua e Literatura Castelá:
A lura xigante
(20 de abril de 1868)
[Jules VERNE, Vinte mil leguas baixo dos mares, XV-XVIII, 2ª parte]
O 22 de marzo comezaron os preparativos da partida do Polo Sur. Tivemos que sortear grandes dificultades pois o Nautilus encallou de novo. Desta vez non foi un incidente como no Estreito de Torres, senón un auténtico accidente xa que un enorme iceberg virou sobre si mesmo e nos pechou toda saída.
Bloqueados deste xeito, houbemos quedar sen aire. Pero por fin puidemos emerxer e encher de aire puro o Nautilus. Debía ser 28 de marzo.
O Nautilus navegaba a vertixinosa velocidade.
- Por certo –dixo Conseil-, imos en boa dirección?
- Imos –respondín-, porque imos cara ao sol, e aquí o sol é o norte.
- Sen dúbida –seguiu Ned Land-. Mais falta saber se imos para o Pacífico ou para o Atlántico, é dicir, a mares frecuentados ou desertos.
Hora zulú Santiago Lopo
Neste mes de abril comentamos en varios recreos a novela de Santiago Lopo Hora zulú, Premio García Barros 2012.
Un home –o Profesor- aparece ferido e nu ao pé dun acantilado en Galicia. Ninguén, nin el mesmo, sabe quen é. Ao longo da novela iranse dando pistas para coñecermos o que lle sucede ao protagonista e como é que aparece nas nosas costas. En Hora zulú combínanse textos de orixe e tipo diversos a través dos cales iniciamos unha busca, coma se se tratase dun xogo que o autor nos propón. Mediante esa orixinal estrutura, Santiago Lopo mantennos intrigados e en tensión narrativa de principio a fin.
Nesta novela Lopo móstranos as súas inquietudes sobre o tempo e a escravitude á que nos condena. Tamén vemos o seu amor pola terra, a sensibilidade con ela, o ecoloxismo e o diferente activismo dos personaxes na súa defensa.
Os días 20, 22 e 23 de marzo o alumnado de 1ºESO realizou unha interesante actividade sobre almorzos saudables e saúde bucodental. Agradecemos a colaboración da ANPA e do Supermercado Froiz da peatonal, que nos proporcionou sen custe os produtos empregados.