O pasado 21 de marzo alumnos do noso centro visitaron Tui, coñeceron o arquivo diocesano e realizaron unha visita guiada por esta fermosa vila. Aquí vos deixamos algunhas fotos desta actividade:
En febreiro o gupo de "Calidade do Ceo Nocturno" instalou un SQM para medir o brillo do ceo nocturno. Tamén impartiron unha charla sobre contaminación lumniosa a alumnado de 1º bacharelato. Clica aquí para ver os resultados da medición.
Lectura e estudo da causa que orixina a expedición na que nos atoparemos co Nautilus.
Cando o Nautilus encalla no estreito de Torres e algúns tripulantes van a terra, o alumnado estuda a flora e a fauna da zona.
Interpretación dun galeón da batalla de Rande dos que o capitán Nemo obtiña recursos e que visitou o 18 de febreiro. Cumpríanse 150 anos da súa visita.
Cando os tripulantes do Nautilus chegaron hai 150 anos á nosa ría verían algo semellante a isto: a biodiversidade da ría de Vigo presentada polos rapaces dos primeiros da ESO.