Vinte mil traballos dos alumnos

Vídeo das lecturas de Verne

          Aquí vos deixamos o vídeo da actividade que tivo lugar o pasado venres 8 de febreiro, na que alumnos leron fragmentos seleccionados das novelas Vinte mil leguas baixo dos mares e mais A illa misteriosa de Jules Verne:

Verne en 4 idiomas


          Aproveitando a recente actividade de celebración do Día de ler a Verne, recuperamos dous vídeos das lecturas de fragmentos de Vinte mil leguas baixo dos mares en inglés, francés, galego e castelán realizadas por un grupo de alumnado de 3ºESO o pasado mes de abril de 2018:

1ª parte

2ª parte

Fin da Viaxe

             Nestes últimos días de curso, puxemos fin -algo atafegados, a verdade sexa dita- ao noso proxecto arredor de Vinte mil leguas baixo dos mares.

            Trala lectura dos episodios que fomos realizando neste curso (desde a saída preto de Xapón o 8 de novembro ata cando o Nautilus foi engulido polo Maelström na costa norueguesa o día 2 de xuño), sumamos as habelencias adquiridas da man de Francisco Ferreiro no obradoiro de caligrafía, e o resultado foron uns libriños artesanalmente encadernados, seguindo os consellos de Chus Ferrín e de Marga González, que conteñen esta versión reducida da novela que fomos lendo e traballando ao longo do curso; o produto preséntase moi atractivo, da man do alumnado de 1º ESO C, 2º PMRe mais 3º ESO A.

Antes da viaxe submarina

Lectura e estudo da causa que orixina a expedición na que nos atoparemos co Nautilus.

Peixes na rede

Interpretación da fauna submarina polos alumnos de 4º e de 1º da ESO.

Flora e fauna Papuxanas

     Cando o Nautilus encalla no estreito de Torres e algúns tripulantes van a terra, o alumnado estuda a flora e a fauna da zona.

Galeón

     Interpretación dun galeón da batalla de Rande dos que o capitán Nemo obtiña recursos e que visitou o 18 de febreiro.  Cumpríanse 150 anos da súa visita.

Viaxando pola ría de Vigo

     Cando os tripulantes do Nautilus chegaron hai 150 anos á nosa ría verían algo semellante a isto: a biodiversidade da ría de Vigo presentada polos rapaces dos primeiros da ESO.

Álbum: Curso 2017/2018 -> Viaxando pola ría de Vigo

Bestiario mariño verniano (1º ESO-B)

  

          Seguindo o ronsel de Jules Verne e baixo a dirección da profe de Lingua castelá Silvia Iglesias, o alumnado de 1º da ESO B deleitounos cun fermoso e nutrido bestiario mariño que logo foi sometido á votación dos visitantes da biblioteca.
        Realizado o escrutinio, estes son os animais que resultaron máis votados:

1º. Cergüino

2º. Cabrácora

3º. Llogüi

4º. Ovepo e ovapo

    

          Moitísimos parabéns a todos os participantes pola súa imaxinación na concepción destes seres!!!

Distribuir contido