Fin da Viaxe

             Nestes últimos días de curso, puxemos fin -algo atafegados, a verdade sexa dita- ao noso proxecto arredor de Vinte mil leguas baixo dos mares.

            Trala lectura dos episodios que fomos realizando neste curso (desde a saída preto de Xapón o 8 de novembro ata cando o Nautilus foi engulido polo Maelström na costa norueguesa o día 2 de xuño), sumamos as habelencias adquiridas da man de Francisco Ferreiro no obradoiro de caligrafía, e o resultado foron uns libriños artesanalmente encadernados, seguindo os consellos de Chus Ferrín e de Marga González, que conteñen esta versión reducida da novela que fomos lendo e traballando ao longo do curso; o produto preséntase moi atractivo, da man do alumnado de 1º ESO C, 2º PMRe mais 3º ESO A.