Este ano o Día das Letras Galegas adícaselle a María Victoria Moreno. Estremeña de nacemento pero pontevedresa de adopción, chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Isto permítenos definila como "galega de elección".
No vestíbulo do centro fixemos unha pequena exposición coa súa obra. Pica na imaxe para vela.
Dende hoxe e ata o 15 de xuño pódese ver na Biblioteca unha exposición de Álbum ilustrado. Calquera persoa interesada terá ocasión de pasar un momento de lecer ben agradable lendo e contemplando as distintas modalidades de ilustración reflectidas nos numerosos e variados títulos que forman esta exposición.
Na súa maioría está constituída polos volumes que na Maleta correspondente de Álbum ilustrado nos cedeu temporalmente o CEFORE de Vigo.
Aproveitémola!!
O día 16 de maio o alumnado de 4º da ESO fomos ao Correlingua, unha andaina dende o Concello até Castrelos. Xunto ao noso instituto tamén foron outros centros de Vigo. Cando estabamos todos reunidos, comezamos a camiñar e ao chegarmos ao parque escoitamos uns grupos de música moi bos e un manifesto a prol do galego. Despois desta experiencia o alumnado de cada instituto e CPI voltou a cadanseu centro.
Raquel Fernández Arias, 4ºESO B
Dentro das actividades para celebrar o 23 de Abril, Día do Libro, tivemos no vestíbulo a carón do Salón de Actos unha exposición de libros de pequeno tamaño. Puidemos ver exemplares de dicionarios pequenos, varias edicións do Quixote en pequeno formato e moitos exemplares das famosas coleccións “Crisol” e “Crisolín” da antiga editorial Aguilar.
Pero os máis pequenos de todos eran os fabricados coas súas propias mans pola alumna de 2º ESO-C NOELIA CAROLLO, que tivo a ben cedérnolos para que todos puidésemos comprobar a súa habilidade para confeccionar tales miniaturas. En agradecemento, regalámoslle, para que pase un tempo agradable con ese pasatempo que sabemos que lle gusta, un libro, de formato estándar nesta ocasión.
Parabéns pola túa afección e a túa demostrada habelencia, Noelia!
Coma todos os anos, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, adicado no 2018 a Maria Victoria Moreno. Aquí vos presentamos o programa de actividades
Alcores de Donalvar, ou Onde o aire non era brisa, título co que se publica en galego, resultou ser a primeira e única novela dirixida a público adulto que María Victoria Moreno escribiu na súa vida, e da que non tivemos coñecemento ata que Xavier Senín, quen fora bo amigo seu, rescatouna e decidiu publicala en galego catro anos despois da súa morte.
Dentro das actividades programadas polo departamento de Lingua Castelá e Literatura o día 23 de Abril, os alumnos de 1º de bacharelato tiveron ocasión de realizar diferentes xogos lingüísticos como, por exemplo, “Preguntas de mierda”, “Absolutas idioteces” ou a construcción dalgunha historia a partir dos “Story cubes”. Son, desde logo, alternativas moi interesantes aos tradicionais xogos de mesa.
Todo baixo a batuta da animadísima profesora Alexia Dotras, que non dubidou en retratarse con un dos nosos ilustres visitantes dese Día.
Na entrada están expostos os traballos do alumnado de Valores Éticos de 1ºESO-A, 2ºESO-A e 2ºESO-C. Trátase dunha campaña titulada "Empatía coa Natureza" que resalta o valor da vida e en contra dos incendios forestais. O traballo continuará coa difusión polo barrio do Calvario dos carteis, co permiso dos establecementos comerciais, para mentalizar á sociedade da importancia de protexer o bosque.
O 7 de maio visitáronnos voluntarios da Fundación Telefónica para desenvolver unha actividade co alumnado dos dous cursos de ciencias de 1º BAC. O alumnado recibiu unha charla introdutoria sobre a historia das telecomunicacións e viu modelos antigos de telefonía fixa e móbil. Tamén puideron observar como se realiza a técnica de fusión de fibra óptica e unha práctica de transmisión de datos mediante luz.