Dentro da Semana da Ciencia 2009 que organiza a Direción Xeral de
I+D+I, os alumnos de 4º de Tecnoloxía, asistiron ao Obradoiro "A maxia da robótica" que consistía na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO,
de maneira sinxela e divertida en tan só unha hora, coa preparación
previa dunha hora de introducción e familiarización cos robots e a
linguaxe da robótica.