Confirmamos ás familias que este venres, día 13 de outubro, non será lectivo. Agardando aprobación por parte da Inspección Educativa do outro día de libre disposición do centro, o luns 30 de abril, lembramos tamén que a Consellería de Educación escolleu o 7 de decembro como Día do Ensino. Para calquera dúbida, consultade o Calendario escolar 2017/18.