Skip to Content

Taboleiro

Día Internacional contra a Violencia de Xénero- 25 de novembro

http://youtu.be/XjZBkySC37c


Este video amosa unha situación continuada de maltrato dende o punto de vista da vítima. Reflicte o ámbito íntimo e privado dunha moza, sen a presenza doutras persoas, incluido o agresor, co que mantén unha relación de afecto e dependencia.
O relato da protagonista debuxa o ciclo da violencia, con incidentes agudos de maltrato e situacións reiteradas de reconciliación e perdón. Salienta un aspecto característico da violencia de xénero: a ocultación aos ollos externos e percorre o estado emocional dunha persoa maltratada (a negación, o perdón, a esperanza no cambio da outra persoa, a angustia, o temor, a culpabilización...). De igual xeito, pon de manifesto os sinais do maltrato, o poder e o control: a manipulación, a intimidación, a ameaza, o illamento, a dependencia...
A repetición de actos vai menguando e minando a vontade da moza e a súa capacidade de reacción o que contribúe a soster e manter a relación de violencia.
«CRÉDITOS» Idea orixinal: CIM de Poio. Aportacións imprescindibles: Raquel Morales, Lidia Salgueiro, Lidia Fazanes, Maica Nesta. Guión e edición: Beatriz Otero. Colaboracións e agradecementos: Ana Piñera, Lidia Sueiro, Ana Raña, Alicia Veiga.
O video forma parte da campaña de sensibilización do Centro de Información á Muller do Concello de Poio con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro de 2011).

Becas e axudas para o curso 2011-12

Ata o 30 de Setembro de 2011 está aberto o prazo de solicitude de becas para os niveis de Bacharelato, Formación Profesional de Grao Medio e Superior, Ensinanzas artísticas e deportivas, Idiomas, Cursos de preparación as Probas de Acceso a Ciclos e PCPI.
Podedes facer a solicitude a través do enlace seguinte Becas para estudantes

Espazo ABALAR

A través deste espazo, os pais e nais poden realizar o seguimento académico en liña dos seus fillos/as e comunicarse cos titores/as dos mesmos. A partir de agora, os responsables dos nenos/as matriculados nos centros Abalar, poderán realizar diferentes accións, tales como a consulta das faltas de asistencia e as incidencias dos seus fillos/as, xustificar as ausencias ou solicitar citas de titoría, entre outras.

  • Os docentes, os pais e as nais poderán coñecer todas as funcionalidades dispoñibles no espazo Familias e no espazo Profesores e aprender a navegar polas diferentes pantallas que compoñen ambas aplicacións, por medio da Guía rápida para familias e da Guía para profesores.

ENTROIDO 2011 "Inventos e avances científicos"

 


Entroido no IES de Canido "Os inventos e avances cientificos"

 

Coma todos os anos, o centro prepárase para celebrar o Entroido.

Este ano o tema central son os INVENTOS E AVANCES CIENTÍFICOS.

¡¡¡Formade grupos, elexide tema e comezade a prepararvos!!!

 

Eiquí iremos deixando ideas  para o tema dos disfaces....

 

 



Distribuir contido


by Dr. Radut