Skip to Content

Novas

Fotos de novas actividades

Engadidas á "Galería de imaxes" fotos das seguintes actividades:

- Día da Paz

- Charla "Vacinas contra o cancro" (2º de LCB)

- Visita ao MPG e Cidade da Cultura (1º e 4º ESO)

- Estes romanos están tolos

Día da paz Vacinas contra o cancro Visita ao MPG Estes romanos...

Fotos de actividades do 2º trimestre

Na "Galería de imaxes" podedes ver fotos das seguintes actividades:

- Charla da USC para 2º BAC

- Bádminton escolar na Serra de Outes (ESO)

- Exposición de Aministía Internacional "Amar no es delito", que estará montada na entrada do Centro durante un par de semanas.

Charla da USC Bádminton escolar Exposición de Amnistía Internacional

Matrícula en Módulos 2 e 4 da ESA

Aberto o período de matrícula para Módulo 2 e Módulo 4 da Ensinanza Secundaria de Adultos.

Prazo de presentación de solicitudes: do 9 ao 16 de xaneiro.

O alumnado de nova incorporación pode solicitar o sobre de matrícula nas dependencias administrativas do Centro.

As clases nestes módulos comezarán o luns 11 de febreiro, co mesmo horario.

VACACIÓNS DE NADAL

 

O VENRES 21 DE DECEMBRO comezamos as vacacións de Nadal. 

Voltaremos de novo ás aulas o MARTES 8 DE XANEIRO DE 2019.

O horario do día 21 de decembro será:

     - 08:45 -12:25 h: clases.

     - 12:25-12:35 h: entrega de notas nas aulas.

     - 12:35-13:00 h: recreo de nadal.

 

Os AUTOBUSES sairán do centro ás 13:00 horas.

 

O IES CAMPO DE SAN ALBERTO DESÉXAVOS

UNHAS BOAS VACACIÓNS E PRÓSPERO ANINOVO!

 

Alumnado da EPA na TVG

Alumnado de educación para persoas adultas do noso centro foron invitados e entrevistados no programa da TVG "Vin polo Vento".

Celebración do Magosto e día das Bibliotecas

O venres 9 de novembro celebramos o Magosto, o día das Bibliotecas e actividade Contacontos.

Podedes ver fotos destes eventos na galería de imaxes.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

XII Seminario nacional de atención educativa ao alumnado inmigrante

XII Seminario nacional de atención educativa ao alumnado inmigrante, celebrado en Santiago os días 9 e 10 de novembro e organizado pola USC.

O noso compañeiro, Suso Montero, participou como ponente representando ao noso centro, e contando o traballo feito na Educación de Adultos co proxecto "Faros e Estacións. Viaxe a Ítaca".

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

De conformidade co establecido na Resolución do 25 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formacións Profesional e Innovación Educativa, realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLARinstrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do instituto.

AS VOTACIÓNS SERÁN O MÉRCORES 28 DE NOVEMBRO DE 2018.

1. CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL.

2. CONVOCATORIAS DE ELECCIÓN AO CONSELLO ESCOLAR:


            - CONVOCATORIA ALUMNADO

            - CONVOCATORIA NAIS E PAIS

            - CONVOCATORIA PROFESORADO

            - CONVOCATORIA PERSOAL NON DOCENTE

OBRADOIRO SAMAÍN

OBRADOIRO SAMAÍN

AMBIENTACIÓN DOS ESPAZOS COMÚNS DO IES

CON MALENA SÁNCHEZ BARREIRO

DIRIXIDO A : TODO O ALUMNADO, PROFESORADO, PAIS E NAIS.

DÍAS: LUNS 29 OUTUBRO / LUNS 5 NOVEMBRO

HORAS:

    • 14:30-15:00 H. XANTAR. TRAEDE BOCADILLO

    • 15:00-16:00 h. AMBIENTACIÓN E DECORTACIÓN DO CENTRO

APUNTARSE EN CONSERXERÍA (o alumnado debe cubrir autorización)

ESPERÁMOSVOS !!! ANIMÁDEVOS!!!!

 

Programa Con-Ciencia

Durante todo o curso académico estaremos integrados no Programa CON-CIENCIA, no que se tratarán temas relacionados có medio ambiente e a sostenibilidade.

Dirixido a alumnado de 2º ESO, virán especialistas (oceanógrafos) para impartir dúas sesións ao mes, de maneira teórico-práctica.

 

Actividade encadrada no programa Axenda2030.

Distribuir contido


by Dr. Radut