Skip to Content

Erasmus+: Xornada Informativa

­­­­­

O día 15 de xaneiro, na Cidade da Cultura, tivo lugar unha Xornada Informativa sobre o programa europeo Erasmus+, organizada pola Secretaría Xeral de Cultura en colaboración co SEPIE (Servicio Español para a Internacionalización da Educación).

O noso compañeiro Suso Montero foi elexido, unha vez máis, para representar ao IES Campo de San Alberto como exemplo de boas prácticas e, en representación do equipo que traballou con él durante máis de 10 anos (Mariela Dosil, Amalia Pérez e Juan Rodríguez), falou sobre os cinco proxectos implementados neste período, xa que catro deles acadaron nominacións como exemplos de "Boas prácticas", como "Historia de Éxito", como "Proxecto Estrela" da Comisión Europea e, no caso do derradeiro Erasmus+ "Faros e Estacións. Viaxe a Ítaca" o premio Miguel Hernández de innovación pedagóxica, o máis importante concedido polo MECD na súa categoría.

Ademáis, o documental "Cruzar a fronteira" foi presentado o pasado sábado día 13 de febreiro na Casa da Cultura de Portosín, cun notable éxito entre o público.



page | by Dr. Radut