Skip to Content

Mes cultural

Este ano, homenaxearase a figura de Carlos Casares, autor a quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas coa celebración dun Faladoiro sobre o escritor no que estará presente o seu fillo Hakan Casares e Xavier Castro, director do IES Virxe do Mar, que vén en calidade de profesor especialista en Lingua e Literatura Galegas.

Teremos como convidados a Luís Avilés, fillo de Avilés de Taramancos de quen se celebrou este ano o 25 aniversario do seu pasamento, para que nos fale do seu pai, para o cal contaremos tamén coa presenza de Pilar Sampedro.

Outros convidados serán os escritores Suso de Toro e Marina Mayoral. O mes completarase con saídas ao teatro e actividades organizadas polos diferentes departamentos.

Contaremos ademais coa exposición "Criaturas" de Jorge García Valenciano, diario de viaxe, fotografía e aventura.

Se o desexas, podes premer no cartel para ver o calendario de actividades.



page | by Dr. Radut