Skip to Content

O IES Campo de San Alberto gana o certamen de curtas de Manos Unidas:

O IES Campo de San Alberto gana o certamen de curtas de Manos Unidas: Clipmetrajes.

FormatFactoryIMG_0259.jpg

Un grupo de alumnos do IES Campo de San Alberto de Noia ven de ganar a edición do Clipmetrajes a nivel galego oranizado pola ONG Manos Unidas. O premio levaba aparellado unha viaxe para participar na Gala nacional en Madrid. O evento celebrouse no Cine Callao este pasado sábado 9 de Maio. Lucia Alcalde e María Creo nos dician: "Traballamos moito e o merecíamos. Non ganamos en Madrid, pero outro ano será".

Nove alunmnos elaboraron dende Xaneiro ata Marzo unha curtametraje de ficción co título "Apúntome". O protagonista da filme é un rapaz. Levántase pola maña, almorza e vai no coche co seu pai cara o instituto. Na radio escoitan unha noticia que lle fai deixar o mobil: 150 nenos foron asesinados nunha escola en Pakistan. Cando chega ao insti e llo conta os seus amigos, non lle gusta a resposta que obten: "Home, eso pasa todolos días, xa sabes, nesos países". Decide entón apuntarse e facer algo (podedes ver a curta e as fotos en: movienoia.weebly.com).

FormatFactoryIMG_0069.jpg

O festival Clipmetraxes, este ano na súa sexta edición, ten como obxectivo concienciar sobre o problema da fame no mundo. Prémianse curtas dun minuto cunha mirada sobre un asunto nunca resolto na nosa sociedade: producimos alimentos para todos os habitantes do planeta, pero moita xente morre de fame. No festival prémianse as curtas en dúas categorias: as feitas en escolas de toda España e as producidas polo público en xeral. Gabriel Lago, alumno do proxecto e membro de equipo de iluminación, nos confesaba: "Non ai como pasear pola alfombra bermella. Sínteste un unha estrela".

FormatFactoryIMG_0077.jpg

Como premio por ter ganado a nivel galego nove alumnos e dous profesores viaxaron a Madrid este fin de semana. Aprobeitaron para visitar os platos de rodaxe da serie "Seis hermanas", actualmente en emisión na primeira de TVE, pois a productora BAMBU ten vinculos coa vila de Noia. Martín Arufe, o alumno-actor protagonista da curta, dicía que nunca comprendera tan claramente o difícil que é facer un minuto de cine. Pero, engadía Martin, tras visitar a nave donde rodaban en Madrid: "todo o que nos explicaba o profe dos equipos en producción cinematográfica, quedoume agora clarísimo".

 

Os profes pola súa banda sinalan a importancia de sacar os alumnos do centro, "porque educar é bastante máis que aprender filosofía ou matemáticas". As excursións non son un paseo, supoñen, engaden os dous convencidos, unha oportunidade de aprender os valores esenciais da convivencia e solidadaridade. Manuel Torres, sinalába tamén que "facer cousas, non teorizar, é a clave da ensinanza ". E engadía: "o cine, ao integrar tantas traballos cun mismo fin común (sonido, iluminación, imaxe...), permite acercarnos a valores esencias de calquer actividade grupal". Maria Xose Villaverde, sumábase ao engadir: "educar é a base do noso futuro. Sen esto non somos nada".



book | by Dr. Radut