Skip to Content

Viaxe a Roma

Entre os días 23 e 27 de Febreiro estivemos en Roma un grupo de 12 alumnas e alumnos, acompañados polas profes Mª José Villaverde e Amalia Pérez.

Foi unha viaxe marabillosa na que disfrutamos incriblemente da historia, da arte, dos paseos pola cidade eterna nos que a cada paso te tropezas cun anaco de historia, onde o pasado segue sendo presente. A convivencia foi tan enriquecedora que podemos dicir que esta viaxe ten un lugar importante na nosa experiencia vital. Gracias a cada unha das persoas que participastes nesta viaxe por cada un dos momentos compartidos.



page | by Dr. Radut