Skip to Content

Donas de sí

Descrición:

O programa Donas de si ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas e/ou secundarias. Para elo propón realizar unha aproximación de conxunto, que contemple a variable xénero, a figuras relevantes da nosa historia para construír e divulgar a memoria histórica feminina de Galicia.

Recoñecer os valores e achegas destas mulleres á innovación cultural e intelectual e situalas nos contextos que lles tocou vivir é esencial para descubrir aspectos esquecidos e axudarnos a unha comprensión máis profunda do que significaron. Tamén é de gran valor para dotar ás xeracións actuais de referentes femininos que ofrezan usos e valores onde teña cabida a igualdade entre mulleres e homes e que sexan de utilidade na construción de proxectos vitais libres de condicionantes de xénero.
No curso 2013-2014 os proxectos que se presenten xirarán en torno a como se articulan, dende finais do século XIX ata a época actual, as bases para a emancipación das mulleres e tomarán como punto de partida a unidade A escaleira desigual, unha proposta didáctica realizada a partir do telefilme A condesa rebelde sobre Emilia Pardo Bazán.



book | by Dr. Radut