Skip to Content

A Cruz Vermella imparte unha charla sobre primeiros auxilios no centro

ambulancia

Este venres pola tarde, a Cruz Vermella de Noia imparteu unha charla sobre primeiros auxilios a un grupo de alumnos que temos, nun curso de formación para desempregados, impartido pola tarde no noso centro .

 

 

 

 

Tres membros da Cruz Vermella de Noia participaron na charla. Dividíronse os alumnos en tres grupos, que se ían turnando con cada un dos voluntarios:

  •  un adicouse a explicarlles como é unha ambulancia de primeiros auxilios:equipamento, botiquín, padiolas, desfribrilador, triage, funcionamento dos servizos de emerxencia, ....

reanimación

  •  outro adicouse a explicarlle como tratar fracturas: inmovilización, traslado, ...

fracturas

  • o terceiro centrouse en técnicas de reanimación cardio-respiratoria, atragantamento e afogamentos.

Por último, fíxose unha posta en común onde se explicaron pautas xerais de comportamento en primeiros auxilios, PAS, queimaduras, electrocución e traslado de lesionados medulares.


Dende o centro, queremos agradecer a colaboración desinteresada e a dispoñibilidade de medios,que a Cruz Vermella aportou para o desenvolvemento desta charla, entidade da que o noso centro é socio colaborador .



page | by Dr. Radut