Skip to Content

CRIBADO EN FARMACIAS AO ALUMNADO DE 12 A 17 ANOS

O luns 19 de abril comezará  un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostra de saliva en poboación asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia da Coruña.

Por este motivo, informamos ao alumnado e as familias sobre a existencia deste programa, para que asistades á vosa farmacia de referencia onde vos informarán sobre o procedemento de toma de mostra e vos proporcionarán o tubo de recollida.

Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar con seu centro de saúde.

Moitas grazas pola colaboración na difusión deste programa.



page | by Dr. Radut