Promoción da lectura

Menú de lecturas

header

A biblioteca escolar do centro convídate cada semana a un xantar lector onde os libros son o menú. Unha carta composta por dous suculentos pratos e una sobremesa a escoller, chea de lecturas, música e películas que forman parte da nosa particular despensa.

Dispoñible na cafetería do centro e na propia biblioteca, o noso menú especial anímate a achegarte á sala e degustar unha selección de sabores que semanalmente preparamos para ti . A que esperas para coñecelos? Fai a túa reserva o antes posible. Boa lectura!

Menú de lecturas semanais: do día 8 ao 12 de maio de 2017

Queres formar parte do club de lectura Raíña Lupa?

   

Dende a biblioteca de centro queremos animarte a participar no noso club de lectura. A idea é que un grupo de lectores e lectoras compartamos experiencias arredor dos libros a través de lecturas comúns.

IMOS LER NOVELAS!! e tamén outras lecturas que vos recomendedes. Porque o importante é participar, non só lendo , tamén propoñendo lecturas ao resto de compañeiros.

Anímate e ven apuntarte no recreo á Biblioteca.
Se queres facer algunha consulta antes de decidirte, podes dirixirte a Armando (bibliotecario), Esther (coordinadora da Biblioteca) ou Mercedes Souto (profesora de Lingua Castelá).

A que esperas, inscríbete!! Podes facelo dende agora.

Coñece o club de lectura Raíña Lupa

Distribuir contido