Novidades

Algunhas novidades máis antes da Primavera

 Febreiro prepara as maletas mentres marzo peta na porta. Axiña nos visitará a Primavera, e será para quedar. Á biblioteca continúan chegando novidades que a enriquecen un pouco máis. Todas non collen neste pequeno espazo web; as que presentamos a continuación queren ser un "gancho", unha pequena mostra que esperte a vosa curiosidade, que vos conduza irremisiblemente á biblioteca.

O curioso incidente do can a media noite/ Mark Haddon

Rinoceronte, 2008 

 


 O curioso incidente  

Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os número primos ata 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas.

Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenada.

Obra escollida polo clube de lectura do centro. Tamén dispoñible a edición en lingua castelán.

Dispoñible na sección de Lingua galega. Sinatura: GAL-N/HAD/cur

     
 

A Prehistoria explicada a los jóvenes Jean Clottes

Paidós, 2008

 


 

 La Prehistoria explicada a los jóvenes  

Esta obra, orientada aos mozos e mozas, trata sobre unha etapa da humanidade que fascina a novos e adultos por igual. Así, desfilan polas preguntas deste libro as diferentes épocas da Prehistoria, a evolución dos seres humanos, os costumes e a vida cotiá dos nosos antecesores, a organización social das tribos e o nacemento da espiritualidade e a razón.

En definitiva, un atractivo paseo polas orixes do ser humano.

Dispoñible no expositor de novidades e destacados.
Sinatura: CS-903 / CLO / pre

 

   

 

 

La Edad Media explicada a los jóvenes / Jacques Le Goff

Paidós, 2007

 

 


 La Edad Media explicada a los jóvenes  

Sen dúbida a Idade Media foi violenta, escura e intolerante, pero existe tamén, e sobre todo, unha Idade Media "fermosa", que os nenos e mozos adoran e os adultos recreamos en moitas lecturas. É a dos cabaleiros e as xustas, os castelos e as catedrais, os xograres e os trobadores, as feiras e as peregrinacións. A Idade Media tamén é a procura do Grial, a lenda dos cabaleiros da Táboa Redonda, o apaixonado amor de Tristán e Isolda, a Virxe María, os ánxos, os santos, as fadas e os monstros, o combate de Carnaval e Coresma...

En definitiva, Europa neceu na Idade Media, época na que se constituiu a unidade cultural dos diversos países e linguas.

Esta obra é un paseo por este tempo da man do mellor acompañante: o mestre Jacques Le Goff.

Dispoñible no expositor de novidades e destacados.
Sinatura: CS-94 / LEG /eda

 

     
 

Solo un beso = Just a Kiss [DVD-Vídeo]/ dirixida por Ken Loach

Cameo Media, 2008

 

 


 

 Solo un beso  

Qasim é un mozo escocés de orixe musulmán. É un bo pinchadiscos e un apaixonado da música. Soña con abrir xunto a un bo amigo un club de seu. Estudou contabilidade, pero non quere exercer. Os seus pais emigraron dende Paquistán a Reino Unido nos anos sesenta, e rexentan unha tenda de comestibles e prensa en Glasgow. Devotos musulmáns, queren que Qasim case coa súa prima Jasmine. Teñen outras dúas fillas, a maior comprometida cun home do agrado da familia; a pequena, de dezaoito anos, é a típica rebelde adolescente que acaba de rematar os estudos de secundaria nun colexio católico. Nel traballa Roisin, unha moza irlandesa profesora de música, que coñece a Qasim a través de súa irmá pequena. Entón, xorde o amor entre ámbolos dous, que comezan unha relación secreta ao marxe da familia de Qasim, por riba das diferencias de orixe e relixión. Sen embargo, isto  suporá un inconveniente para outras persoas,especialmente para a familia de Qasim e o entorno de Roisin, que amosan prexuízos cara a relación de ambos mozos.

Película cinematográfica. Nacionalidade: Reino Unido, 2004. -- Int.: Eva Birthistle, Shamshad Akhatar, Atta Yakub, Shabana Bhakish, Riaz Ahmed.

 

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia. Sinatura: DV-791 /SOL

     
     
     

Cine, cine, cine... máis cine, por favor!

Ao longo de xaneiro incorporamos novos títulos que, pouco a pouco, están facendo medrar a nosa cinemateca. A idea é potenciar esta sección - a de audiovisuais e multimedia - que consideramos ten moita importancia en calquera biblioteca. De seguido, un adianto dalgunhas das novidades cinematográficas que xa podes atopar na túa biblioteca.


Quiero ser como Beckham = Bend it like Beckham / dirixida por Gurinder Chadha

Manga Films, 2002

 

 


 Quiero ser como Beckham  

Jess ten 18 anos e os seus pais queren que sexa unha encantadora e convencional rapaza india. Pero ela só quere xogar ao fútbol coma o seu heroe, David Beckham, a estrela do Manchester United. Para Jess, eso significa darlle patadas a unha pelota no parque cos seus amigos, ata que a descubre Jules, unha rapaza que a convida a unirse ao equipo de fútbol feminino local.

Película cinematográfica. Nacionalidade: Reino Unido, 2002. Int.: Parminder Nagra, Keira Knightley, Jonathan Rhys Meyers, Anupam Kher, Archie Panjabi, Shaznay Lewis, Frank Harper, Juliet Stevenson

Para saber máis...!

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia. Sinatura: DV-791 /QUI

     
 

Billy Elliot (Quiero bailar) / dirixida por Stephen Daldry

Universal Pictures, 2008

 


 

 Billy Elliot  

Se-lo fillo dun mineiro no Norte de Inglaterra durante a folga de 1984 era duro, pero a casualidade fixo que Billy, un neno de once anos, descubrise o diferente que podería se-la súa vida. Tras caer engaiolado polos movementos dunhas bailarinas da súa idade, decide cambia-las súas clases de boxeo polas de ballet, impartidas pola Sra. Wilkinson. A profesora recoñece axiña o talento de Billy e concéntrase en ensinarlle ás costas do pai e do seu irmán maior Tony, mineiros en folga, que pasan a maior parte do día en piquetes

Película cinematográfica. Nacionalidade: Reino Unido-Francia, 2000. -- Int.: Julie Walters, Gary Lewis, Jamie Bell, Jamie Draven, Adam Cooper y Stephen Daldry

Para saber máis...!

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia. Sinatura: DV-791 /BIL


 

   

 

 

La joven de la perla = Girl with a Pearl Earring / dirixida por Peter Webber

DeAPlaneta, 2008

 

 


 La joven de la perla  

Delft, Paises Baixos, 1665. Despois de que o seu pai quede cego tras unha explosión, Griet, de dezasete anos, ten que porse a traballas para menter á familia. Comeza como criada na casa de Johannes Vermeer. Este, consciente da intuición da moza coa luz e a cor, irá introducíndoa pouco a pouco no misterioso mundo da pintura. A sogra do pintor, consciente de que Griet o inspira, permite a relación entre ambos a fin de que o seu xento aumente a súa exigua producción de cuadros

Película cinematográfica. Nacionalidade: Gran Bretaña-Luxembrugo, 2003. -- Int.: Chris McHallem, Scarlett Johansson, Alakina Mann, Essie Davis, Judy Parfitt, Anna Popplewell, Tom Wilkinson, Gabrielle Reidy, Colin Firth, Cillian Murphy

Para saber máis...!

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia. Sinatura: DV-791 /JOV

 

     
 

Las invasiones bárbaras = Les invasions barbares/ dirixida por Denys Arcand

Cameo Media, 2008

 

 


 

 Las invasiones bárbaras  

Rémy, divorciado de 50 anos e pico, está hospitalizado. Louise, a súa ex-muller, chama a Sébartien, fillo de ambos, que vive en Londres. Sébastien pensa que facer; hai tempo que el e seu pai non teñen nada de que falar. Por fin decide volver a Montreal para axudar a súa nai e apoiar moralmente a seu pai

Película cinematográfica. Nacionalidade: Francia-Canadá, 2003. -- Int.: Toni Cecchinato, Lise Roy, Macha Grenon, Dorothee Berryman, Jean-Marc Parent, Dominique Michel, Gilles Pelletier, Stephane Rousseau, Markita Boies, Sylvie Drapeau

Para saber máis...!

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia. Sinatura: DV-791 /INV

 

Ano novo, novas lecturas [Xaneiro '09]

Benvido 2009!! E con el, comeza un novo trimestre con máis novidades bibliográficas e audiovisuais que poderás consultar, coma non, na túa biblioteca escolar. Queres un adianto, pois aquí o tés. Pero non esquezas visitarnos, atoparás máis sorpresas no expositor de novidades ou consultando o catálogo on-line.


 

Los revolucionarios industriales / Gavin Weightman

Ariel, 2008

 


 Los revolucionarios industriales  

A Revolución Industrial preséntasenos normalmente como a historia das máquinas ou do implacable proceso de innovación que parte do pensamento científico forxado no Século das Luces. Esta obra céntrase nos entusiastas personaxes que contribuíron coas súas innovadoras ideas a transformar o mundo.

O autor presenta unha sucesión de pioneiros xeniales, mentes inquedas, inventores visionarios, brillantes enxeñeiros, industriais emprendedores e hábiles artesáns, incluínso persoeiros fundamentales coma Watt, Edison, Trevithick, Stevenson, Wedgwood, Daimler o Bessemer e a outros menos coñecidos pero igualmente fascinantes.

Dispoñible no expositor de novidades e destacados

     
 

Madre tierra, hermano hombre / Máximo Sandín

Ediciones de la Torre, 1998


 

 Madre tierra, hermano hombre  

Agora que a palabra ecoloxía está na boca de todos e todas, é bo profundizar sobre o que realmente significa este termo. Para iso, o autor presenta, de xeito ameno, os problemas que sofre e sufriu o noso planeta a través da historia.

Dispoñible na sección de Ciencias Naturais. Sinatura: CN-504 / SAN / mad

 

   

 

 

Biografía de la Tierra/ Francisco Anguita

Aguilar, 2002

 


 Biografía de la tierra  

Neste libro non só se revisan cronoloxicamente 4.500 millóns de anos da historia do noso planeta, senón tamén os últimos 100 anos de actividade dos científicos que xeneran coñecementos sobre a Terra.

Segundo pasamos páxinas, desfilan ante nos dende a Terra arcaica ata a actual, e incluso, a futura. Ao longo deste eixo temporal, descubrimos historias de descubrimentos e controversias sobre a deriva continental e a tectónica de placas, a orixe da lúa, os impactos de obxectos extraterrestres, a evolución da atmosfera... e moito máis.

Dispoñible na sección de Ciencias Naturais. Sinatura: CN-523 / ANG /bio

 

     
 

La leyenda del indomable = Cool Hand Luke [DVD-Vídeo]/ dirixida por Stuart Rosemberg

Warner Home Video, 2008

 


 

 La leyenda del indomable  

Luke Jackson é sentenciado a dous anos de cadea por romper postes para o estacionamento de automóbiles estando bébedo. É enviado a unha prisión sudeña a cumplilos como membro dunha encadeada cuadrilla de peóns de camiños e ao pouco tempo, a inxeniosa e fría actitude de Luke impresiona desfavorablemente a Dragline, lider do grupo. A tirantez entre ámbolos dous da como resultado unha pelea na que Dragline golpea a Luke ata facelo sangrar, pero sen conseguir que este se dea por vencido. O bastón de mando pasa a Luke

Película cinematográfica. Nacionalidade: EE.UU., 1967. Int.: Donn Pearce, Rance Howard, Morgan Woodward, James Jeter, Jo Van Fleet, Strother Martin, Robert Luster, Marc Cavell, Ralph Waite, Eddie Rosson, Paul Newman.

Esta película forma parte da colección de DVD-vídeo, adicada ao gran actor Paul Newman, que poderás atopar íntegra na túa biblioteca escolar.

 

Dispoñible na sección de Audiovisuais e multimedia. Sinatura: DV-791 /LEY

 

     
 

Terra [CD-DA]/ Mariza

EMI Portugal, 2008


 

 Terra-Mariza  
"Terra" é o título do último traballo discográfico desta intérprete caboverdiana afincada en Portugal.
Títulos das cancións incluídas neste album: 1. Já me deixou / 2. Minh’alma / 3. Rosa branca / 4. Recurso / 5. Beijo de saudade / 6. Vozes do mar / 7. Fronteira / 8. Alfama / 9. Tasco da mouraria / 10. Alma de vento / 11. Se eu mandasse nas palavras / 12. As guitarras / 13. Pequeñas verdades / 14. Morada aberta.

 

Dispoñible no departamento de Lingua galega e Literatura.
Sinatura: DG/CD-784 /MAR / ter

     

Novidades para o Nadal

Chegou o Nadal, e con el moito tempo de lecer para desconectar do estudo e adicarllo ás cousas que máis nos gustan. Os amigos e a familia, a videoconsola, a televisión... e, por suposto, os libros. Que mellor oportunidade que as vacacións para ler esas historias que deixamos aparacadas por falta de tempo.

Dende a biblioteca propoñemosche algunhas novidades que chegaron aos nosos andeis ao longo deste trimestre. Se che parece pouco, tanquil@, a volta haberá máis. Boas vacacións e FELIZ NADAL A tod@s!!


 

O Reino en Perigo / Herbie Brennan

Xerais, 2007


 O Reino en perigo   Henry visita o Reino dos Elfos por terceira vez, pero alí todo é diferente. Holly Blues está á fronte do Reino e parece que Lord Hairstreak quere propoñerlle unha tregua entre os elfos da noite e os elfos da luz; porén, corren rumores dunha invasión dos demos encabezada por Beleth, o Príncipe das Tebras. Mentres, o príncipe Pyrgus descubre unhas flores de cristal máxicas que inflúen no transcurso do tempo, unha arma secreta aparentemente formidable. A raíña Blue, que desconfía da rara xenerosidade do seu tío Lord Hairstreak, visita o labirinto do Mestre Especieiro para tratar de adiviñar o posible futuro do Reino. Blues, Pyrgus e Henry atoparanse inmersos nunha aventura apaixonante na que deberán loitar con todas as armas que teñen a man para protexer o Reino e garantir que o trono continúe en mans da súa lexítima raíña. O Reino en perigo é a terceira parte da serie iniciada con O portal dos elfos e seguida por O emperador púrpura, novelas fantásticas publicadas na colección Fóra de Xogo. Herbie Brennan combina maxistralmente fantasía, mitoloxía e ciencia para ofrecer un universo de aventuras trepidantes.

Dispoñible no expositor de novidades e destacados

     
 

As mans do medo / Xosé Miranda

Xerais, 2008 (3ª ed.)


 

 As mans do medo   Desde o primeiro día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que, aparentemente, parecían non estar relacionadas: empezou a proerlle, arderlle a man esquerda e comezou a pensar compulsivamente en cambiar de lugar o pozo negro. Máis tarde, notou que os dedos perderan sensibilidade e foi quedando abraiado pola súa torpeza cando cavaba un foso no Cemiterio das Pedras Brancas, onde atopará unha caixa dourada que atesoura unha man. Unha man humana, enteira, perfecta. Viva. Xosé Miranda recolle neste volume algúns dos seus mellores relatos de medo e terror. A dexeneración e rexeneración dos corpos, as vellas tradicións naturistas, os labirintos de ocultismo, o home peixe… son algúns dos temas destes contos cheos de intriga que meten ao lector dentro de cada un dos relatos e dificilmente o deixa fuxir. 

Dispoñible no expositor de novidades e destacados

 

   

 

 

A noite que Wendy aprendeu a voar/ Andreu Martín

Xerais, 2008


 A noite que Wendy aprendeu a voar  

Roger Dueso e Wendy Aguilar inician a garda cun sesenta, o código que na comisaría alerta dun asasinato, mais este caso non será de xente corrente. O homicidio levaráos a descubrir unha cámara secreta onde desapareceu unha valiosa alfaia envolta nun misterio, cuxo roubo non foi denunciado por ninguén. Esta é unha novela trepidante na que a moza policía deberá enfrontarse por si mesma con asasinos perigosos; terá que correr, loitar e facer uso da pistola; coñecerá o fondo do mar, saltará abismos pavorosos e verá a morte de moi preto. Esta será a noite na que Wendy aprenda a voar. Esta novela de Andreu Martín foi merecedora do Premio Bancaixa de Literatura Xuvenil 2007. 
XI Premi Bancaixa de Literatura Xuvenil 

Dispoñible no expositor de novidades e destacados

 

     
 

A casiña azul/ Sandra Comino

Galaxia, 2007


 

 A casiña azul   Premio Iberoamericano de Novela
A obra máis azul e conmovedora dunha das autoras máis interesantes da actual literatura infantil e xuvenil arxentina.


Cintia non é feliz. Pero a avoa Pina, a amizade especial de Bruno e os libros conseguen mitigar a súa sensación de soidade e desamparo. Todo isto e, por suposto, o misterio e a maxia que se agochan na casiña azul.

Dispoñible no expositor de novidades e destacados

 

     

Un recuncho cheo de novidades para o curso que comeza

Este curso que comeza dende a túa biblioteca de centro ofertámosche unha morea de novidades para que non pares de ler. Poderás gozar coas fantásticas aventuras de Narnia, comezar un novo curso en Hogwarts xunto a Harry Potter ou facerte amigo do neno do pixama de raias. Todo esto e moito máis espera por ti no recuncho de novidades da biblioteca do centro... a túa biblioteca.


 

Harry Potter e as reliquias da morte / J. K. Rowling

Galaxia/salamandra, 2008


 Harry Potter   Harry Potter encoméndanlle unha tarefa perigosa e aparentemente imposible: atopar e acabar cos Horcrux que faltan por destruír. Nunca
se vira tan só ante unha misión chea de sombras ameazantes. Pero deberá atopar dentro de si a fortaleza necesaria para levar a cabo o que lle foi encomendado.

Sétima entrega e final da exitosa serie da autora británica J.K. Rowling onde se develan moitas preguntas que os lectores levan tempo desexando coñecer. 

Dispoñible no expositor de novidades e destacados

     
 

O neno do pixama a raias / John Boyne

Faktoría K de libros, 2008 (3ª ed.)


 

 Neno do pixama  

Neste libro lerás a historia dun neno de 9 anos, que se atopa cun aramado. No mundo hai milleiros de aramados coma este. Esperamos que ti nunca te atopes con ningún e que, se o fas teñas forza para liberarte del.

Non che imos contar máis desta historia escrita polo irlandés John Boyne, deberás descubrila por ti mesmo/a.

Dispoñible no expositor de novidades e destacados

 

   

 

 

Las crónicas de Narnia/ C.S. Lewis

Destino


 El sobrino del mago  

As crónicas de Narnia é unha colección de sete libros infantiles escrita polo anglo-irlandés C.S. Lewis entre 1949 e 1954, e ilustrado, na súa versión orixinal, por Pauline Baynes. Nárrannos as aventuras de Narnia, terra de maxia e fantasía descrita polo autor e poboada de animais que falan e outras criaturas mitolóxicas que se ven partícipes na eterna loita entre o ben e o mal. Son catro irmáns os rapaces que serven de fío conductor na maioría das historias desta fascinante saga, cheas de aventuras.
Na biblioteca poderás gozar con elas dende agora, grazas a incorporación desta obra referente inexcusable da narrativa fantástica de todos os tempos.
Títulos da colección dispoñibles:
1.El sobrino del mago
2.El león, la bruja y el armario
3.El caballo y el muchacho
4.El príncipe Caspian
5.La travesía del Viajero del Alba
6.-----------------
7.La última batalla

Dispoñible no expositor de novidades e destacados

 

     
 

O señor Ibrahim e as flores do Corán/ Eric-Emmanuel Schmitt

Faktoría K de libros, 2007


 

 O señor Ibrahim e as flores do Corán   Momo é un rapaz adolescente xudeu, desorientado, e orfo do agarimo dos seus pais. Ibrahim e un tendeiro musulmán, de caracter reflexivo e pausado, cunha visión marcada pola experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, traban unha entrañable amizade que trascende as súas respectivas crenzas. Un aporta a vitalidade, o outro a sabedoría.

 

Un texto que apela ao multiculturalismo, á tolerancia a ao entendemento entre iguais. Un relato áxil e sinxelo que nos abre a porta á esperanza sobre o futuro no que vivimos.

Dispoñible no expositor de novidades e destacados

 

     
 

O castelo regadeira/ Norberto Fernández Serrano

El Patito Editorial, 2007


 O Castelo Regadeira  

Corenta e dúas historias publicadas na revista
Golfiño recopílanse neste retorno de Xiana e os seus amigos Tuxo e
Toxo, o mestre Gorxón, o xigante "pasota" Xulianín, a vampiresa Kuldina
e o Lobisneno. Primeiro volume de El Patito Editorial.

O Castelo Regadeira está considerado como a mellor obra do debuxante Norberto, nela guión e debuxo compleméntanse dun xeito clave para o éxito da mesma. As viñetas están mimadas ao detalle, e unha revisión pormenorizada pode levar ao lector a descubrir en cada recuncho personaxes históricas do mundo do cómic e a animación, pequenas escenas que se desenvolven paralelamente á principal.

Para os que gozaban con estas historias no Golfiño, agora podenas recuperar grazas a esta recopilación, dispoñible na túa biblioteca.

 

Dispoñible no expositor de novidades e destacados

 

     
 

Golfiño en portada/ Fausto

El Patito Editorial, 2007


 Golfiño en portada  

O número 1 de Golfiño sae á rúa no Nadal do ano 2000. No seu interior, nunha historieta de tres páxinas, o pequeno habitante de Golfinia fai a súa primeira aparición. Tras catorce números mensuais, a revista interrumpía a súa publicación para resurxir en forma de semanario no 2001, baixo o sello de La Voz de Galicia. Foi xunto a este diario cando se converteu no maior logro da historia do cómic galego.

Agora Fausto Isorna preséntanos un excepcional libro "Golfiño en portada": un acontecemento editorial que reúne decenas de ilustraciós e portadas que fixeron época naquela mítica revista da banda deseñada galega.

 

Dispoñible no expositor de novidades e destacados

     

Novidades de decembro: uns cantos libros para ler no Nadal

Chegou decembro, e o outono vira castañas as follas das árbores que se ispen para recibir o inverno. Pouco a pouco imos cara o Nadal, datas nas que gozamos dun especial ambiente festivo e familiar, ademais dunhas merecidas vacacións na que o tempo de lecer se fai máis agradable na compañía dunha boa lectura.

Como non, dende a biblioteca do centro propómosvos unha pequena selección de libros para que as tardes de decembro resulten un pouco máis cálidas.


 

Manuel Rivas: Cuentos de un invierno

Col. Serie Roja
Alfaguara. Madrid, 2006


 

Cuentos de un invierno   No inverno poden pasar moitas cousas: cun emigrante volte coa muller que cre o segue esperando, que alguén queira retirarse da súa vida de narcotraficante, cun mozo con síndrome de Down se sinta inmensamente feliz... porque o Nadal tinxe todo de esperanza.

Sección de Lingua española e Literatura

 

Pascual Alapont: Barrotes dourados

Col. Fóra de xogo
Edicións Xerais. Vigo, 2007


 

Barrotes dourados   A vida de Alexandre atópase nunha calella de difícil saída. Carolina, a súa moza, morreu nun accidente de moto. Dende entón, para el xa nada ten sentido. Nestas circunstancias coñece a Nuria, unha rapaza que pertence a unha asociación de amigos de Exipto. O contacto con esta xente abre a Alexandre as portas a un mundo novo, mais tamén fai que se adentre nunha rede esotérica onde a súa propia vida pode estar en perigo. Do mesmo xeito que O inferno de Marta, esta novela de Pasqual Alapont compleméntase cun interesante texto divulgativo. O xornalista Pepe Rodríguez, especialista no mundo das seitas, amósanos no epílogo (“Seitas: Un camiño fácil a ningunha parte”) os mecanismos internos que se agachan detrás dunha seita destrutiva. Unha obra que combina con acerto unha novela conmovedora e un estudo útil sobre este problema que pode afectar a algúns mozos e mozas.

Sección de Lingua galega e Literatura

 

Xosé Miranda: As mans do medo

Col. Fóra de xogo
Edicións Xerais. Vigo, 2007


 

As mans do medo   Desde o primeiro día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que, aparentemente, parecían non estar relacionadas: empezou a proerlle, arderlle a man esquerda e comezou a pensar de xeito compulsivo en cambiar de lugar o pozo negro. Máis tarde, notou que os dedos perderan sensibilidade e foi quedando abraiado pola súa torpeza cando cavaba un foso no Cemiterio das Pedras Brancas, onde atopará unha caixa dourada que atesoura unha man. Unha man humana, enteira, perfecta. Viva. Xosé Miranda recolle neste volume algúns dos seus mellores relatos de medo e terror. A dexeneración e rexeneración dos corpos, as vellas tradicións naturistas, os labirintos de ocultismo, o home peixe… son algúns dos temas destes contos cheos de intriga que meten ao lector dentro de cada un dos relatos e dificilmente o deixa fuxir.

Sección de Lingua galega e Literatura

 

An Alfaya: A lenda da lúa de Montealto

Col. Docexvintedous
Sotelo Blanco. Vigo, 2007


 

A lenda da lúa de Montealto  

Se vas a Montealto, achégate onda o Manuel, e pregúntalle por que se mantén asomado ao peitoril da súa xanela, sen atreverse a baixar á praza. ¿Será que lle asusta pescudar a escuridade no mundo da Morena? ¿Por que non creu na premonición da Milagreira? Dille que Oliva provén dun misterio e medroulle un soño no ventre con forma de media lúa fouciña. ¿De quen será a semente? Coméntalle que Eusebio, o Comecabrascrúas de Montealto, ten unha alma que ansía a gloria, aínda que semella un brután cun corazón de mazá. Quizais se atreva a falarche da tola do muíño, de Candela, do párroco Aniceto, da señorita Flora, do salgueiro ou da voracidade do río Galeno. Se cadra, o Manuel quedou preso nas redes daquel prodixio do pasado que tinguiu a Montealto de inquedanzas, e non ten respostas, senón preguntas, igual ca min, igual ca ti tras mergullarte nesta lenda que agocha os segredos da lúa.

Sección de Lingua galega e Literatura

 

Mª Isabel Molina: El herrero de la luna llena

Col. Juvenil
Alfaguara. Madrid, 2006


 

El herrero de la luna llena  

Pese a ser novo, Yago de Lavalle domina os segredos da fragua e os metais. Convencido de que "só o medo ao descoñecido fai crer na maxia", ignora os antigos ritos propios do seu oficio. Como castigo pola súa actitude, o gremio de ferreiros obrigao a peregrinar ata Santiago de Compostela.
A aventura, o amor e o perigro serán só algúns compañeiros na viaxe.

Sección de Lingua castelá e Literatura

José María Plaza: Me gustan y asustan tus ojos de gata

Col. Nautilus
Planeta & Oxford. Madrid, 2004


 

Me gustan y asustan tus ojos de gata

A partir da atracción que sinte Miguel por unha rapaza estraña, a novela amosa a vida dun adolescente do Madrid actual, a través das súas citas e rutinas diarias. Así vaise construíndo unha dobre historia na que a realidade mestúrase coa fantasía, o mito e a literatura. O protagonista, incapaz de diferenciar entre a realidade e a ficción, persigue á misteriosa Ágatha ao mesmo tempo que tenta romper o feitizo de todos os gatos que se cruzan no seu camiño.

Sección de Lingua castelá e Literatura



Novidades de novembro: descobre a maxia dos libros

Novembro, mes máxico coma ningún. Avanza o outono, e as árbores mudan a cor verde polas castañas e ocres que anticipan a chegada do inverno. Co Samaín reaparecen as luces que alumean os camiños que conducen ao máis aló, a un mundo de misterio e maxia que habita na memoria dos nosos maiores. Recuperemos este espírito perdido guiados pola mellor compañía: a dun libro.

Antón Riveiro Coello: A voz do lago

Col. Árbore
Galaxia. Vigo, 2007


A voz do lago

En setembro de 1927 María Mariño e os seus deixan Noia para ir a vivir a Escarabote, preto do pazo de Goiáns, onde traballa de cociñeira unha parenta súa, herdeira da fortaleza cercana ao Lago do Mar. Irene, unha nena de dez anos, coñece os novos veciños e repara na elegancia de María, quen, amais de vestidos, cose versos e apaña bolboretas no vento. As dúas fan boas migas e María Mariño decide compartir con Irene un segredo: o misterio dun libro que provoca un murmurio no lago.

Atoparalo na sección de Literatura en Lingua Galega.

 


J.M. Olaizola "Txiliku": El tío Bin Floren

Col. Camaleón (Serie azul. A partir de 12 anos)
Planeta & Oxford. Barcelona, 2006


El tío Bin Floren  

Un día de néboa, o tío Florentino roda escaleiras abaixo. A vendaxe que lle pon o doutor, en forma de turbante, obra no enfermo un efecto marabilloso. Para ledicia dos seus sobriños, o tío Florentino pasará a ser o tío Bin Floren, e a súa mente, un arca chea de increíbles historias.

Atoparalo na sección de Literatura en Lingua Castelá.

 

Jorge Gómez Soto: La chica del andén de enfrente

Col. Gran Angular. Alerta roja
SM. Madrid, 2007


 

La chica del andén de enfrente  

Miguel e Eduardo son os típicos xemelgos que, en realidade, non se parecen en nada. A Miguel encántalle salir de troula cos seus amigos todos os fins de semana; mentras, seu irmán queda na casa lendo, escribindo, vendo un programa de televisión onde aparece a moza dos seus soños e chateando diante da computadora. Os dous irmáns lévanse mal e só están de acordo en evitarse. Pero un día, Yolanda e Irene entrarán nas súas vidas para amosarlles que teñen moito en común.

Atoparalo na sección de Literatura en Lingua Castelá.

 

Alessandro Taverna: La Ópera y su historia

Col. Andantino
Malsinet. Barcelona, 2006


 

La ópera y su historia  

Introducción clara e sinxella, para todas as idades, sobre a historia da Ópera e os grandes compositores do mundo. Asimesmo, expón unha importante clasificación dos xéneros musicais e explica como se compón e representa a Ópera. Con ilustracións de gran formato que axudan a comprender e visualizar cada un dos apartados do libro.

Atoparalo na sección de Música.

 

Stefano Catucci: La Historia de la Música

Col. Andantino
Malsinet. Barcelona, 2005

Historia de la Música  

Unha guía amplamente ilustrada para seguir a evolución da música dende ferramenta de comunicación ata arte propiamente dita. Un doado percorrido dende os primeiros instrumentos ata as técnicas máis modernas de reprodución do son. As ideas, a sociedade, a historia, as formas e os xéneros das tradicións musicais máis diversas de Oriente e Occidente, dende a prehistoria ata os nosos días.

 

Atoparalo na sección de Música.

 

Saber para vivir... temas que che interesan tratados en profundidade.

Carátula   Cuestións de actualidade que afectan a mozos e mozas dende o punto de vista da educación en valores. Coñecer o proceso e as consecuencias para decidir con intelixencia. Todo isto atoparalo nunca colección dispoñible na biblioteca que agora medra e se actualiza.
 

 

Setembro, un mes de cine

Cartel do 55 Festival Internacional de Cine de San Sebastián
 

Do 20 ao 29 de setembro celebrouse o Festival Internacional de Cine de San Sebastián. Donostia converteuse na capital internacional do cine por uns días, nunha edición na que houbo estreas, homenaxes, e premiouse ás mellores películas e actores. Para saber máis deste recoñecido evento visita esta link: Festival Internacional de Cine de San Sebastián

No comezo de curso, a biblioteca quere facer a súa pequena homenaxe ao mundo do cine cunha selección de películas cinematográficas e documentais que acabamos de incorporar ao noso fondo.

 


 

Una verdad incómoda: una advertencia mundial

Dir.: Davis Guggenhein
Paramount Home Entertainment. Madrid, 2006


 

Cartel Una verdad incómoda  

O ex-vicepresidente Al Gore presenta unha visión esclarecedora e convincente do futuro do planeta (e da nosa civilización) no documental "que hai que ver" do ano. É unha chamada de atención que desbota mitos e ideas trabucadas, para transmitir a mensaxe de que o quencemento mundial é un perigo real e presente

Película documental. Nacionalidade: EE.UU. 2006. Aut. para todos os públicos

Para saber máis: Yahoo Cine

 

El Show deTruman

Dir.: Peter Weir
Paramount Home Entertainment. Madrid, 2000


 

El Show de Truman  

Truman Burbank, un cidadán modelo, ten a sensación de que o vixían e non se equivoca. Cada segundo de día, dende o momento en que naceu, foi o protagonista inadvertido da telenovela máis longa da historia sen que el o soubese.

Película cinematográfica. Nacionalidade: EE.UU. 1998. Aut. para todos os públicos

Para saber máis: Yahoo Cine

 

Family Man

Dir.: Brett Ratner
Manga Films. Madrid, 2001


 

Family Man  

Jack Campbell é un executivo financeiro que vive na cidade de Nova York. O seu ritmo de vida exitoso e acelerado, deixoulle unha grande fortuna, centos de mulleres que pasaron fugazmente pola súa vida, e un corazón baleiro. Unha noite, accidentalmente, a vai involucrado nun roubo. De súpeto a súa vida dá un xiro sobrenatural e esperta vivindo nunha casa aos arredores da cidade, con dous fillos, casado cunha noiva que tivo trece anos atrás, e á cal debeu abandonar para poder seguir ascendendo na súa carreira.

Película cinematográfica. Nacionalidade: EE.UU. 2000. Aut. para todos os públicos

Para saber máis: Yahoo Cine

 

El Pianista

Dir.: Roman Polanski
Buena Vista Home Entertainment. Madrid, 2002


 

Cartel El Pianista  

Historia de Wladyslaw Szpilman, pianista xudeu polaco, que evita ser deportado, pero remata vivindo no gueto de Varsovia. Alí vive os sufrimentos, humillacións e a loita dos seus correlixionarios, ata que logra fuxir para refuxiarse nas ruinas da cidade, fóra do barrio-prisión. Un oficial alemán, amante da súa arte, acabará salvándolle a vida.

Película cinematográfica. Nacionalidade: Alemaña, Francia, Polonia e Reino Unido. 2002. Non recomendada a menores de 13 anos.

Para saber máis: Yahoo Cine

 


Lecturas de xuño: leva os libros de vacacións

Xuño, axiña chegan as vacacións de verán. Con elas tempo de lecer para facer o que máis che gusta, ir a praia, sair cos amig@s... E, por suposto, ler eses libros que tan bos momentos che fan pasar. De seguro estarás en boa compaña.

 

F. Lalana e J. M. Almárcegui : Los hijos del trueno

Col. Serie Roja
Alfaguara. Madrid, 2006


Los hijos del trueno  

Unha historia de humor que narra como o Goberno decide acabar co fracaso escolar, limitando na ESO o número de alumnos por aula a 22. Os que sobren, irán a parar aos recén creados Institutos Remanentes.

Sección Lingua castelá e Literatura

     

Elvira Lindo: Manolito tiene un secreto

Col. Afaguara Juvenil-Serie Manolito Gafotas
Alfaguara. Madrid, 2005


Manolito tiene un secreto  

Neste sétimo libro Manolito ten 10 anos e, como sempre, van acontecerlle moitas cousas: a súa clase é seleccionada para recibir unha ilustre visita por Nadal: o Alcalde. A función de Nadal foi un completo éxito e, por último, Manolito decátase dun importante segredo: vai ter un irmanciño ou irmanciña o próximo ano.

Sección Lingua castelá e Literatura

     

Ursula Wölfel: 28 historias para rir

Col. 7 leguas
Kalandraka. Pontevedra, 2006


28 historias para rir   Unha vez un home tiña tanta présa que quería non precisar ningún tempo para nada. Había un paxaro tan voraz que non aturaba ver que outros paxaros tivesen algo que picar.Unha vez había unha porca que sempre se enfadaba cando a xente lle chamaba "porca". Prefería que lle chamasen Rosa.Historias sinxelas, que invitan a debuxar un sorriso; baséanse no "nonsense" e teñen moita carga surrealista, pero sempre deixan un pouso de lóxica. Por moi inverosímil e disparatada que soe a historia, o lector acabará sendo solidario e comprensivo cos comportamentos estraños dos personaxes: actúan como actúan porque así ten que ser, con toda a razón do mundo.


Sección Lingua galega e Literatura

 

VV.AA: Relatos fantásticos

Col. Aula de literatura
Vicens Vives. Barcelona, 2006


Relatos fantásticos  

Se a literatura invítanos a penetrar nunha fonda realidade que se atopa máis alá dos nosos sentidos, as imaxes que o xénero fantástico nos ofrece desa realidade son arrepiantes. Nun mundo que ansiamos de seguridades e certidumes,irrompe outro de orixe escura, ainda que de orde interior, que desata o conflito, abanea os esquemas cos que apresamos a realidade e lévanos cara a incertidume e o desacougo.
Esta obra preséntanos unha escolma de significativos relatos do xénero obra de autores coma Edgar A. Poe, H. G. Wells, W. W. Jacobs, G. de Maupassant, H. H. Ewers, M. R. James e A. Machen.

Sección Lingua castelá e Literatura

Distribuir contido