O EQUIPO DO IES DE BECERREÁ VENCE NO I TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA

A primeira edición deste novo torneo de debate, que organiza a Fundación Barrié, ten ao equipo do IES de Becerreá como primeiro vencedor!! Paula Álvarez, Paula Rubio, Gabriela, Marcos e Xoel impuxéronse nos seis debates que celebraron durante o xoves 7 e venres 8 de febreiro para acadar a condición de vencedores. Único equipo da provincia de Lugo en participar, dun total de 56, vese así recoñecido o esforzo desenvolto por estes alumnos e alumnas e polo seu preparador e coordinador, Xulio. Parabéns a tod@s e a cargar pilas de novo para o seguinte torneo: dentro dun mes estarán comezando a súa andaina na nova edición do Parlamento Xove (ao que acuden tres equipos do centro), concurso no que o IES de Becerreá sempre estivo presente desde o comezo e no que o alumnado participante do noso centro ten acadado un bo número de merecidas e esforzadas victorias e, sobre todo, unha moi boa aprendizaxe das experiencias.

PREME AQUÍ para ver algunhas fotos e nos seguintes enlaces se queres coñecer a noticia recollida pola prensa galega:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2019/02/08/nuevas-generaciones-cargadas-argumentos/00031549654349300878566.htm

 https://cadenaser.com/emisora/2019/02/05/radio_coruna/1549385571_467662.html

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesbecerrea/galeria/displayimage.php?pid=2110&fullsize=1

O EQUIPO DO IES DE BECERREÁ VENCE NO I TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA