Eventos |
Conferencia que forma parte do Programa de seguimento fenolóxico na Rede Española de Reservas da Biosfera, promovido polo Organismo Autónomo Parques Nacionais do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, que se está a levar a cabo en centros educativos das Reservas da Biosfera españolas que solicitan a súa participación no mesmo.
Actividade dirixida ao todo o alumnado do centro, na que se exporá un vídeo interpretado e editado por alumnado de 1º de Bac, e realizarase unha "poxa literaria". Actividade organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Dpto de Lingua Galega.
O alumnado destes dous cursos acude a Lugo para participar no Campionato Escolar Provincial de Orientación na Natureza, durante a xornada matinal do xoves día 1 de marzo. Para esta actividade, o alumnado ten que sair do centro ás 09:10 horas.
O luns 5 de marzo, de 10:50 a 19:30, o alumnado do departamento de Latín e Grego acudirán a Lugo para asistir á Mostra de Teatro Grecolatino deste ano.
O venres 9 de marzo, a primeira hora, o alumnado de 4º da ESO organizará un almorzo saudable para o alumnado de 1º, actividade que se desenvolverá no comedor escolar e na aula deste último grupo (actividade complementaria ao almorzo).
Acto de celebración desta efeméride, a desenvolver durante o lecer e algúns minutos da clase seguinte (12:00) do venres 9 de marzo, na que participa todo o alumnado do centro.
O alumnado de 1º de Bac visitará o Campus lucense da USC durante case toda a xornada do venres 23 de marzo (terán clase a 1ª hora).