Skip to Content

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2017/2018

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2017-2018

Con data 22 de maio de 2017, saíu publicada no DOG a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2017/2018.

OBXETO DA CONVOCATORIA

- Participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO; cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2016/2017

- Convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinados ao alumnado matriculado en educación especial.

- Convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en ESO e EE.

OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

- Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2016/2017. O prazo máximo para esta devolución será o 23 de xuño de 2016 agás para o alumnado que teña algunha materia pendente que poderá quedarse co libro pendente ata o 7 de setembro de 2016. A falta de devolución será causa de exclusión.

- Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido.

- Destinar o importe do vale de libros a adquirir os libros que indique o centro.

- Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.

- Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

- A asignación de libros e contía das axudas pódense consultar na Orde de referencia.

SOLICITUDES

Deberán presentarse presencialmente preferiblemente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado (ANEXO I) dispoñible na sede electrónica da xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no portal educativo, enderezo https://edu.xunta.es, nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería, na web do Instituto ou ben en Secretaría.

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 23 de maio e remata o 23 de xuño e 2017, ambos inclusive.

O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza de formación profesional básica no curso 2017/18 e formalice a matrícula no curso de ESO que lle corresponda, cando non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario e a solicitude para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun mes dende a formalización da matrícula

 

Medalla de ouro no GaliciaSkill 2016, Skill de tecnoloxía do automobil para Miguel Paz Pena

Co fin de demostrar os seus coñecementos, o recinto Feira Internacional de Galicia Abanca acolleu desde o mércores o maior campionato de FP a nivel galego, o Galicia Skills, que reuniu a un total de 100 alumnos de 40 centros educativos, que por primeira vez competiron nun único espazo de xeito simultáneo. Tras dous días de intensas probas, hoxe déronse a coñecer aos gañadores de cada unha das 17 especialidades, as denominadas “skills”, que se corresponden con un ou máis ciclos das distintas familias profesionais, estos alumnos esforzáronse para ser un dos representantes da FP galega no vindeiro campionato nacional SpainSkills2017, que se celebrará do 27 de febreiro ao 4 de marzo de 2017 en Madrid. 

O noso alumno de CS de Automoción Miguel Paz Pena titorizado por Miguel Vilela conseguiu  acadar a medalla de ouro no Skill de Tecnoloxía do automobil, e representará a nosa comunidade no SpainSkill 2017.

 

Noraboa Miguel.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut