Skip to Content

IMFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O VINDEIRO CURSO 2016-2017

 MATRÍCULA 2016/2017

  1. Datas. Con fin dunha mellor organización e para axilizar na medida de posible a tramitación da matrícula, establécense os seguintes días para cada grupo:

3º e 4º ESO: luns 27 e martes 28 de xuño

2ª ESO: mércores 29 de xuño

1º ESO: xoves 30 de xuño

1º Bacharelato: martes 5 de xullo

2º Bacharelato: mércores 6 de xullo

Adultos: xoves 7 de xullo

Prégase que se respeten estas datas, aínda que o prazo de matriculación para os alumnos que aprobaron todo en xuño esténdese ata o 11 de xullo.

Os alumnos con materias pendentes para setembro, matricularanse entre o día 1 e 12 de setembro.

    1. Documentación:

Alumnos do centro: 1 fotografía tamaño carné, impresos de matrícula e pago de seguro escolar.

Alumnos novos neste centro: 2 fotografías tamaño carné, fotocopia do DNI/NIE/Pasaporte, copia de libro de familia, certificado de estudos cursados, impresos de matrícula e pago de seguro escolar.

Os alumnos de 1º e 2º ESO non deberán aboar seguro escolar, pero deberán aportar copia da tarxeta sanitaria. Tamén están exentos do pagamento os maiores de 28 anos.

AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Este ano, o prazo para presentar as solicitudes de tódolos cursos rematan o 23 de xuño e se presentará unha única solicitude para ambos conceptos. Os alumnos de 1º e 3º da ESO que cumpran os requisitos accederán ao fondo solidario e os de 2º e 4º aos vales.

A única excepción son os alumnos que repitan 4º da ESO no curso 2016/2017, que a poderán presentar nun prazo dun mes dende a formalización da matrícula.

Para ter dereito a axuda, é imprescindible devolver os libros do presente curso que recibiron do fondo solidario ou ben os mercados coa axuda do vale. As datas para esta devolución serán os días 20, 21 e 22 de xuño. Os alumnos que teñan algunha asignatura pendente poderán quedar co libro desa materia ata o prazo máximo do 7 de setembro.

COMEDOR ESCOLAR 2016/2017

Estarán obrigados ao pagamento de prezos privados pola prestación do servizo de comedor os pais, nais, titores legais, en nome e por conta do alumnado usuario, agás que teñan dereito á gratuidade total do servizo de comedor.

Nas condicións descritas, polo novo Decreto de comedores escolares, serán usuarios gratuítos os seguintes:

-  Os alumnos pertencentes a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais correspondentes.

-    Os alumnos que se atopen en situación de acollemento residencial ou familiar.

-    Os alumnos cun grado de discapacidade declarado igual ou superior ao 33%.

-  Os alumnos pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero acreditada documentalmente.

-  Os alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda familiar anual neta per cápita inferior a 7.000 €.

Distribuir contido


by Dr. Radut