Skip to Content

Eleccións ó Consello escolar 2021

Eleccións dos membros do Consello escolar 2021, segundo a Resolución conxunta do 20 de setembro do 2021 da Dirección Xeral de Educación:

  • Calendario eleccións ao Consello escolar                                                                                     prema aquí
  • Concocatoria elección dos representantes do alumnado ao Consello escolar                              prema aquí
  • Convocatoria elección dos representantes do profesorado ao Consello escolar                          prema aquí
  • Convocatoria elección dos representantes de nais/pais/titores/as legais ao Consello escolar  prema aquí
  • Convocatoria elección dos representantes do personal non docente ao Consello escolar           prema aquí

AXUDAS ADQUISICIÓN DE MÁSCARAS COVID-19

Publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o
procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en
educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en
centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados
concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

Solicitudes:

Artigo 6. Alumnado exento de presentar solicitude
Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir
material escolar no curso 2020/21.
Artigo 7. Presentación de solicitudes
1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado
que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída.
No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a
solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva
en acollemento familiar.

Convocatoria: prema aquí

Descarga do formulario: prema aquí

NOTA DE AGRADECEMENTO

 

No IES As Mariñas de Betanzos estamos a traballar na mellora das instalacións e como froito deste esforzo cabe resaltar a terminación da primeira fase  da construción dunha maqueta que representa unha instalación eléctrica. Esta, unha vez rematada, representará o tramo de sistema eléctrico que trae o subministro a os nosos fogares e negocios.

 

Esta primeira fase incorpora dous apoios dunha liña de 20.000 voltios. Máis adiante prevese un centro de transformación e unha liña de baixa tensión.

 

DD.jpg

 

Dende a dirección e o departamento de electricidade do IES As Mariñas de Betanzos queremos expresar o noso agradecemento aos seguintes colaboradores:

- Sucesores de M. Leira, S.L. por doar os apoios e condutores.

- La empresa Tibar, S.L.  por traelas ao instituto.

- A o Concello de Betanzos polo izado y o formigonado dos apoios. Empresa Agustín Vázquez Carro.

- E a o noso compañeiro e amigo Fernando Golpe por idear o deseño e conseguir a unión de todas as pezas.

 

Esperamos que sexa de grande axuda para a formación dos futuros electricista da comarca de Betanzos.

 

A dirección e o departamento de Electricidade.

 

Medalla de Bronce nas olimpiadas nacionais de FP Spainskills para o noso alumno Brais Fernández Rocha

O noso alumno de CS Automoción,  Brais Fernández Rocha titorizado polo profesor Miguel Vilela obtivo a medalla de Bronce nas olimpiadas de FP Spainskills 2019 na especialidade de tecnoloxía do automobil. Noraboa campión!!Nova: "creandotuprovincia"Nova: "Portal educación xunta de Galicia"

Distribuir contido


by Dr. Radut