Skip to Content

 Ada. Coruña nº 6      Tel. 881880254 

NOTA DE AGRADECEMENTO

 

No IES As Mariñas de Betanzos estamos a traballar na mellora das instalacións e como froito deste esforzo cabe resaltar a terminación da primeira fase  da construción dunha maqueta que representa unha instalación eléctrica. Esta, unha vez rematada, representará o tramo de sistema eléctrico que trae o subministro a os nosos fogares e negocios.

 

Esta primeira fase incorpora dous apoios dunha liña de 20.000 voltios. Máis adiante prevese un centro de transformación e unha liña de baixa tensión.

 

DD.jpg

 

Dende a dirección e o departamento de electricidade do IES As Mariñas de Betanzos queremos expresar o noso agradecemento aos seguintes colaboradores:

- Sucesores de M. Leira, S.L. por doar os apoios e condutores.

- La empresa Tibar, S.L.  por traelas ao instituto.

- A o Concello de Betanzos polo izado y o formigonado dos apoios. Empresa Agustín Vázquez Carro.

- E a o noso compañeiro e amigo Fernando Golpe por idear o deseño e conseguir a unión de todas as pezas.

 

Esperamos que sexa de grande axuda para a formación dos futuros electricista da comarca de Betanzos.

 

A dirección e o departamento de Electricidade.

 



page | by Dr. Radut