Ares, Leo e Ibai son os nosos fantásticos seguidores da campaña do @concellodemoanha 21 Días en Bicicleta. O venres, xunto aos catro valentes do @iesaparalaia, asistiron no concello ao sorteo dunha bici eléctrica para cada centro. Tamén os agasallaron cunha cazadora adecuada para protexer cada pedalada do frío e da choiva. Parabéns a tod@s @s participantes, e tamén aos gañador@s!