DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
1º ESO: 27 e 28 de xuño
2º ESO: 5 de xullo
3º ESO: 4 de xullo
4º ESO: 2 e 3 de xullo
1º BACH: 1 e 2 de xullo
De non poder presentar a matrícula nos días indicados, poderase presentar calquer día do 26 de xuño ao 5 de xullo en horario de 9 a 14.

Documentación e impresos     PDF 

Extraescolares outros cursos

 

 

Un ano mais celebramos o tradicional  Magosto no patio do noso instituto. Tivemos a sorte de que o tempo nos acompañara  xustiño ata o remate xa que a poalla fixo a súa aparición, iso si,  sen que nos augase a festa. Enorme labor organizativa a dos rapaces de 4º e 2º bacharelato, sen os cais o evento non tería sido posible. As castañas, exquisitas,. Velaí algunas fotos da xornada (máis fotos)

Dende o luns 17 de outubro, e durante unha semana, estiveron entre nós unha expedición de alumnos e profesores comenius procedentes de Rumania, Italia, Polonia , Alemania e Francia. Para a súa acollida, o departamento   de Plástica decorou a entrada do instituto con:   

  • Un enorme mural realizado sobre tres encerados montado cada un deles sobre dous caballetes,(traballo dos moz@s de debuxo artístico).
  • Unha instalación artística onde xogaron co Logo do proxecto,  sacando os bonecos que corren ao redor dun corazón comenius, dándolles vida na entrada do noso ies.


 

O pasado 23 de setembro todo o alumnado de 3º ESO acudiu á exposición OLLADAS do ALZHEIMER , que - magnificamente organizada por AFAMO- tivo lugar na Sala de Exposicións Mercado de Abastos de Moaña durante unha semana e que contou, entre os seus colaboradores, co IES AS BARXAS. Velaí algunhas das impresións que lles causou a algúns dos nosos alumnos:

  • "Fíxome reflexionar moito. Teño por seguro que, se algún familiar meu desgraciadamente ten que pasar por esta enfermidade, coidareino co mesmo amor e tenrura co que me coidou a min" (Ainhoa López)
  • "Grazas a xente que creou a exposición, grazas ao seu traballo, aos seus esforzos, a súa adicación, puiden sentirme mais cerca do meu avó, e puiden comprendelo e iso é maravilloso. Porque ainda que el se esquecese de quen son, eu sei que me quere moito, como eu a el" (Uxia Reboiro)
  • "Eu non coñezo a ninguén con esta enfermidade pero non podería deixar de chorar. Danme moita pena porque olvidanse dos seus seres queridos, perden o sentido común e non falan. Doeríame moito que o meu avó se olvidase de min, de todos os momentos felices que vivimos xuntos. Para que isto non pase moi ou tan rápido hai que axudarlles a exercitar a memoria. Cómo facelo? Pois preguntándolle como era de neno, como foi a súa boda, etc...En resumen, facéndolle pensar na súa vida" (Myriam Rios)

(máis fotos)

Unha representación de alumnos de As Barxas cubriron esta primeira parte do Proxecto Comenius coa súa visita a Polonia xunto a María e Palmira. Velaí algúns momentos da súa visita.

 

 

Distribuir contido