Excursión a Cabo Udra


O departamento de Bioloxía organizou para o mércores 15 de maio  unha saída ao enclave de Cabo Udra, catalogado dentro da Rede Natura 2000. Asistiron os  alumnos de 1º ESO xunto con varios profesores .

Durante esta  visita guiada puideron reparar en aspectos singulares propios do ecosistema da zona (donde hai especies típicas do clima mediterráneo), formacións xeolóxicas, e curiosidades propias do lugar. Tamén  entramos na Aula da Natureza(centro de interpretación ambiental  sobre o ecosistema litoral). E para rematar e repoñer forzas… disfrutaron dun merecido descanso na cafetería.  Unha mañá maravillosa e moi ben aproveitada.

Concurso " A táboa periódica e Galicia"


 

 

Facultade de Química da Universidade de Santiago (USC) celebrou o venres 24 de maio, a entrega de premios do concurso de carteis A Táboa Periódica e Galicia. A decana da Facultade de Química, Pilar Bermejo, presidiu un acto ao que asistiron uns 300 alumnos de centros educativos de toda Galicia.

 

Ao concurso presentáronse un total de 85 traballos, pero só 30 foron seleccionados coma os mellores. Y entre eles conseguiu estar “Woframio”, elaborado polos nosos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato; Marín Louro, Sandra Noya, Inés Toledano e Nuria Veloso, e titorizado pola profesora de química Cristina García. Dentro desta selección dos 30 mellores, lograron acadar o posto 13. Parabéns!

Acto de entrega do premio no concurso de carteis Letras Galegas 2019


   

 O venres 10 de maio de 2019, no salón de actos do noso instituto, tuvo lugar o acto de entrega o IES Alvaro Cunqueiro do premio do concurso de cartéis das Letras Galegas 2019, na modalidade de educación secundaria, bacharelaato, FP e ensinanzas especiais. 

Participaron no acto:  D.ª Carmen Pomar Tojo, conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, D. Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, D. José Manuel Pinal Rodríguez, director xeral de Centros e Recursos Humanos, D. José Montes Pérez, presidente de Feiraco, Francisco Sanjiao Otero, secretario da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, D.ª Isabel Pérez Fernández, directora do IES.  Autoridades que acompañan: D. Ignacio López-Chaves Castro, delegado territorial da Xunta de Galicia, D. César Pérez Ares, xefe territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesiona,l D. Manuel Torres Vizcaya, inspector xefe de Pontevedra e D. Fernando Carrasco Mera, inspector do centro

+fotos

Gañadores do II Torneo Xadrez Intercentros


Diego Alonso, Xenxo González, Álvaro Tolan, Xoan M. Padrón e Miguel Alonso, do IES ÁLVARO CUNQUEIRO, gañadores indiscutibles do II Torneo Xadrez Intercentros. Parabéns rapaces!!.

 

 

Rafting 2019

RAFTING NO MIÑO

O día 29 de abril, o departamento de Educación Física, realizou unha saída a Barcela (Arbo), a facer RAFTING no rio Miño con 50 alumnos/as de 2º ESO.

Saíron desde A chan-Barcela (Concello de Arbo), para practicar este deporte de aventura. En todo momento estiveron acompañados por guías profesionais e descenderon por tramos do río Miño de dificultade media.

Pola tarde fixemos unha pequena ruta pola beira do rio en Mondariz Balneario.

Aquí tedes aos protagonistas da grande aventura!!!

 

Primeiro premio no concurso de carteis das Letras Galegas 2019


A exposición que presentou o grupo de traballo do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo resultou gañadora, na categoría B (dirixida á educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e centros de ensinanzas especiais), do concurso escolar conmemorativo das Letras Galegas 2019 que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A colección de carteis inspirada no escritor Antonio Fraguas Fraguas ilustrará o Día das Letras Galegas de 2019 en preto de 2.000 puntos de Galicia e do exterior (centros de ensino, concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, bibliotecas, centros de estudos galegos, centros da emigración etc.). Ademais de ser impresa e posteriormente distribuída, irá acompañada da guía didáctica explicativa correspondente, co obxecto de fomentar a figura do autor homenaxeado entre a cidadanía.

Parabéns a todos/as os que participaron no proxecto!!

VII Obradoiros de Primeiros Auxilios

 

O noso centro celebrou, o 8 e 9 de abril, os VII Obradoiros de Primeiros Auxilios, sendo o alumnado de 1º de bacharelato o encargado de organizar e trasmitir os distintos contidos expostos no mesmo. Este artigo é unha homenaxe a eles.

Aquí os tedes

 

 

 

XXXVI OLIMPÍADA GALEGA DE QUÍMICA


Nas probas celebradas o 22 de marzo de 2019, organizadas pola Asociación de Químicos de Galicia en colaboración co Colexio Oficial de Químicos de Galicia, o noso alumno de 2º de Bacharelato, Yago Carballo Salgado, acadou o segundo posto, polo que no mes de maio poderá participar na fase nacional, que se celebrará en Santander.

Pararabéns e grazas, a Yago e a súa profesora de Química, Cristina García.


Temos que recordar que xa no curso 2016-2017, Javier Corral Sertal, de 2º Baharelato, e tamén alumno de Cristina, acadara o primeiro posto na fase local e o cuarto na clasificación xeral da XXXIV Olimpiada de Química.

 

 

#indomitamuller


Somos 70 rapazas, representamos o 20% do alumnado no noso centro e nacemos todas xa entrado o século XXI.

Queremos que as redes sexan a noso altofalante e que sirvan tamén de punto de encontro e debate con calquera que queira colaborar en facer un mundo máis feminista. Fixemos un vídeo co que amosarvos que… “seremos aquelas que queremos ser, indómitas mulleres, cun puño no ar, e que nós, con vós, o 8M a terra faremos tremer! Así nolo fixeron crer Sés e El Diluvi e así nos veredes no día da muller.

Viaxe á neve 2019


 

 Este ano a viaxe a neve foi a BoÍ Taüll.

Situada no Pirinero de Lleida, a estación de esquí, ofrece todo o necesario para disfrutar destes deporte ao máximo nivel.

Durante a tempada invernal son moitos os visitantes que atraídos pola beleza da paisaxe e polas ganas de practicar o esquí.

+
Distribuir contido