Actividades curso 2015-2016

Xornada de convivencia nas illas Cíes

     

XORNADA DE CONVIVENCIA

Luns 20 de xuño

 

A primeira hora da mañá,  desembarcaron na illa de Monteagudo 210 alumnos acompañados por once profesores e seis monitores dispostos a compartir unha xornada de convivencia e lecer no entorno incomparable do Parque Natural das Illas Atlánticas.

 

 

   

Despois de subir ata o Faro, dende o Alto da Campá puideron observar as gaivotas patiamarelas, araos e corvos mariños, azores, falcóns, pombas e rulas que crían e hibernan neste lugar.

Xunto á variedade de fauna e flora, o grande atractivo deste lugar son as praias e os cantís. Deles puideron gozar dende o mediodía ata a posta do sol.

 

   

 

 

Acto de Graduación. Promoción 2010-16

 
 
O venres 27 de maio celebramos no salón de actos do IES Álvaro Cunqueiro o acto de Graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. A profesora Virxinia Barros, a directora Isabel Pérez, a as alumnas Irene Barreiro e Yasmina López lembraron aos asistentes o importante que foi para todos eles o paso polo centro. Xuntos e acompañados polas familias poidemos compartir soños e ilusións. O acto rematou coa entrega das orlas.

 

Fai clik aqui se queres ver os videos da conmemoración.

Tamén podes  ver unha reportaxe fotográfica completa do acto.

               

 

 

Semana da Diversidade cultural

     
   

Dende a dirección do centro, coa colaboración da Biblioteca, organizamos a Semana da Diversidade Cultural.

 

Os alumnos de outras nacinalidades (chino, romanés, árabe...) outras linguas de España (catalán) ou outras variantes recionais (andaluz, canario) explicaron aos seus compañeiros as peculiaridades das súas linguas e da súa cultura con gran acollemento por parte do alumnado.

Visita ao Museo Liste

       
                            
       
  O día 18 e 20 de Maio realizóuse unha visita ao Museo Etnográfico Liste de Vigo no que participaron grupos de 2º e 4º da ESO, preto de 100 alumnos. A visita comezou co "paseo" dende o noso centro ata o museo- uns trinta minutos- alí dividimonos cada día en dous grupos de vintecinco alumnos  e foron explicando as distintas dependencias : madeira, tecidos, oficios, curandeiros, a luz, a terra... e tamén tivemos unha explicación dos instrumentos humildes. Foron case dúas horas de visita na que o alumnado  descubriu o xeito tradicional da vida en Galicia non fai tanto tempo. Unha visita moi recomendable na que ademáis de música están implicadas outras materias como xeografía, tecnoloxía, galego, coñecemento do medio ou bioloxía entre outras.  
       
                               
 

 

 

 

   

Letras Galegas 2016

 

           

     

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a MANUEL MARÍA. O acto de apertura da conmemoración estivo a cargo do escritor e xornalista Manuel Veiga.

 
     

O venres, 13 de maio, tivo lugar a un macrofestival protagonizado polo alumnado do centro, que contou coa participación de María Xosé López Villar e Xico de Carinho, que nos  deleitaron con actuacións musicais . . .

   

Reportaxe fotográfica   

     

Manuel Veiga no IES Álvaro Cunqueiro

   
   Este mes de maio visitou o noso centro para dar dúas conferencias o xornalista e novellista Manuel Veiga (Monforte de Lemos, 1960). Como xornalista chegou a dirixir na súa última etapa o xornal A nosa terra e como novelista ten publicadas media ducia de obras con alguna das cales gañou premios literarios como o García Garros e de Edicións Xerais. Hai pouco publicou dous libros sobre o poeta Manuel María, a que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas.      

 Alumnos de 3º e 4º de ESO do Álvaro Cunqueiro encheron o salón de actos a media mañá para escoitar a exposición de Manuel Veiga sobre Manuel María, ao que chegou a coñecer intimamente pois ambos eran veciñós de Monforte.

Nunha segunda quenda, á derradeira hora da xornada escolar, Manuel Veiga falou da súa propia obra e contestou as preguntas preparadas, logo da proveitosa lectura de varias das súas novelas, polos alumnos de 2º de bacharelato.

 

 

 

Entre os mellores de Galicia na Olimpíada Matemática

     
 

O pasado 21 de abril celebrouse no IES do Castro as probas da fase de zona da Olimpíada Matemática Galega de 2º da ESO.

O noso centro participou con unha selección de 8 rapazas e rapaces. Son os que aparecen na foto: Pablo Lamas, Youssef Ouskoubane, Martín Llach, Martín Louro, Alejandro Ramiro, Blanca Rodríguez, Sabela Freixeiro e Saúl Otero. O longo de varios meses e fóra do horario escolar,  asistiron as clases de preparación a cargo dos profesores de Matemáticas: Teresa Rey, Margarita Cao e Jaime Vázquez.


Na fase de zona de Vigo participaron mais de 20 centros públicos e privados correspondentes a zona sur da provincia de Pontevedra, algo mais de 100 alumnas e alumnos.  Os nosos participantes fixeron un gran papel e viñeron moi contentos das probas, que consistiron na resolución de 5 problemas matemáticos no tempo de 2 horas.

O vindeiro 19 de maio vaise celebrar en Lugo a Final da Olimpíada Matemática Galega con 40 participantes, os mellores clasificados nas fases de zona de toda Galicia. O noso alumno, Martín Louro foi un dos nove seleccionados da fase de zona de Vigo e competirá para quedar entre os primeiros de Galicia.

Desde aquí temos que felicitar a todo o noso alumnado que amosou unha gran competencia matemática e desexarlle moita sorte a Martín Louro na fase final.  Quen sabe se estará estre os elixidos que irán a fase nacional a finais de xuño?

 

 

Iº Concurso Anual Intercentros de Enxeñería Forestal

 
 
 

Uxía Blanco Piñeiro, alumna de 2º de bacharelato, participou xunto con dúas alumnas do IES Torrente Ballester de Pontevedra (Emma e Iria) no I Concurso Anual Intercentros, organizado pola Universidade de Enxeñería Forestal de Vigo na Xunqueira, en Pontevedra.

O obxectivo do concurso foi motivar e contaxiar o pensamento ecolóxico e o respecto pola natureza entre os máis novos.

Para optar ao primeiro posto cada grupo tiña que presentar un traballo no que se ofrecesen ideas para reestructurar e rehabilitar alguna zona forestal de Galicia.

O equipo do “Monte do Cabalo” (así foi como nomearon os xuíces ao equipo da nosa alumna) estivo entre os favoritos por presentarse sen o apoio dun profesor e posicionarse entre os 10 primeiros.

Recibiron como agasallo pola súa participación unha pequeña árbore e uns libros, doados por Uxía para a biblioteca do instituto.

Ademáis a Universidade de Enxeñería Forestal de Vigo prometeu pór en marcha todos aqueles proxectos que lles parecesen interesantes, aínda que non estiveran entre os gañadores do concurso. Co tempo sabremos se o traballo presentado por Emma, Iria e Uxía, centrado na reforma do “Monte do Cabalo” en Vilaboa (Santa Cristina de Cobres), conseguiu ser un dos afortunados.

 

 

Excursión ao Courel.

 

En moitos sentidos, a viaxe ao Courel significa unha volta ás orixes. Naquelas serras, hai millóns de anos, batía o mar e predominaba un clima subtropical; os restos xeolóxicos deixaron testemuño daqueles tempos. Moito despois, os primeiros homes que viviron en Galicia, construíron castros nos cumes deses montes e explotaron a riqueza mineira do subsolo (ouro, ferro, estaño). Máis tarde, os romanos continuaron arrincando as riquezas agachadas no Courel: esburacaron montañas e desviaron ríos (Montefurado). A vida dos actuais habitantes dos concellos de Quiroga ou Folgoso do Courel lémbranos como era a vida dos galegos aínda non hai moito.

 

    

Máis de trinta alumnos de 1º de bacharelato do IES Álvaro Cunqueiro experimentaron durante dous días (8 e 9 de abril) esa volta ás orixes e converteron a súa experiencia nunha magnífica diversión.

  Ler máis

      
 

 Reportaxe fotográfica

 

Viaxe a París

No mes de marzo, do 8 ao 12, os alumnos de 1º bacharelato de francés pasaron uns días en París. visitaron os lugares máis representaivos (Tour Eiffel, Museè d´Orsay, Louvre), pasearon por Montmartre, percorreon o Sena no bateau mouche e comeron crèpes e macaróns.

 

  
 
 
               E non podía faltar a visita a Disney!. Nin á Cathédrale de Notre Dame !
 
                  
 
 Au revoir Paris ! Hasta o próximo curso !

 

 

Distribuir contido