Skip to Content

Actividades curso 2014-2015

S.O.S. Europa

     
 
   

O alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO participou na campaña S.O.S. Europa, promovida pola Rede de Escolas de Amnistía Internacional, co fin de chamar a atención sobre a difícil situación das persoas migrantes en busca de refuxio que están a morrer afogadas no Mediterraneo e pedir que se leven a cabo as operacións necesarias para evitar esas mortes.

 

A actividade estivo coordinada pola profesora Teresa Blanco de Saracho e consistiu na elaboración dunha pancarta co lema da campaña (Primeiro as persoas, logo as fronteiras) e na fabricación  e instalación de barquiños de papel formando a sigla S.O.S. no xardín do centro.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Grazas a todo o alumnado e profesorado participante pola súa colaboración !!

 

 

Alumnado mediador

     
   
     
 

Este curso púxose en marcha un programa de "Mediación de conflitos entre alumnado" no noso centro, introducindo así unha filosofía de xestión da convivencia baseada nas capacidades de negociación e respecto mutuo, fomentando a empatía e mellorando as relacións interpersoais.

Neste sentido formouse un grupo de alumnas/os mediadores capaces de escoitar e axudar a outros compañeiros e resolver os seus conflitos dun modo pacífico potenciando unha educación baseada na tolerancia, a solidariedade, a convivencia e o diálogo.

Ánimo rapaces, hai un longo camiño por percorrer !!

 

 

 

 

A maxia da robótica

     
     

O alumnado de 4º ESO e 1º BAC participou nos Talleres  de robótica celebrados na Fundación Barrié. Estiveron acompañados polas profesoras do departamento de Tecnoloxía: Rosa Amboage e Teresa Crespo.

 

Nestes obradoiros os alumnos gozaron resolvendo os retos propostos cos robots: mover, xirar, parar.... despois de recibir unha breve introdución teórica. É una experiencia de aprendizaxe que contribúe a despertar o interese polo bacharelato tecnolóxico e as carreiras técnico-científicas en xeral e pola robótica en particular.

 
   
     

Noraboa aos gañadores:

Christian P., Hugo C., Jorge R.,  Diego R. e Pablo G.

E mención especial a Joel L., Javier M., Yomar C., Anxo F. e Rafael S.

     
   

Máis fotos aquí

     

RAFTING polo río Miño

     
 

Prácticas de Rafting polo río Miño do  alumnado de 2º e 3º de ESO e 4º PDC.

Saíron desde  A Chan-Barcela (concello de Arbo) para practicar este deporte de aventura. En todo momento estiveron acompañados por guías profesionais e  descenderon por tramos do río de dificultade media.

 

Reportaxe fotográfica

   
   
   

Letras Galegas 2015

     
   

LETRAS

GALEGAS 

2015

 

Ver o programa de actividades

O programa cultural que dará paso á celebración das Letras Galegas 2015, organizado polo Departamento de Lingua e Literatura Galega, comenza o próximo xoves a partir das 11:00 horas coa representación  teatral dunha obra de Cándido Pazó no Salón de actos do noso centro.

 

O venres continuará coa celebración dun Festival ao que asistirá o alumnado de ESO e Bacharelato. Daránse cita nel músicos e poetas coa intención de poñer de relevo algunhas das poesías mais coñecidas de Filgueira Valverde, autor homenaxeado este ano.

   
     
     
     

 

 

Obradoiro de instrumentos musicais e visita ao Museo Liste

 VISITA AO MUSEO LISTE

 

Os días 29 e 30 de abril, o alumnado de 2º ESO do IES Álvaro Cunqueiro realizou unha visita ao Museo Liste de Vigo, organizada polo Departamento de Música.

Nesta visita ademais de recorrer a exposición permanente, onde puideron gozar cunha interesante inmersión na nosa cultura tradicional, tamén tiveron a posibilidade de participar nun obradoiro de instrumentos humildes, e puideron descubrir os múltiples recursos cos que orixinar sons musicais, dende instrumentos propiamente ata xoguetes sonoros ou mesmo obxectos cotiás que se empregan como instrumentos.

A actividade finalizou coa realización por parte dos propios alumnos/as de cadanseu "carrizo", coma exemplo de instrumento humilde.

Foi, sen dúbida unha experiencia interesante, podes comprobalo ti mesmo aquí.

 

CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

 

A principios do pasado mes de abril,o alumnado de Música de 2º de ESO participou nunha divertida e interesante actividade de aula, consistente na construción dos seus propios instrumentos musicais.

Para a súa elaboración empregaron todo tipo de materiais inxeniosos, destacando aqueles que fixeron uso de materiais de refugallo, dando mostra da súa creatividade, para lograr crear instrumentos con sons reais.

 Para mais información fai click aquí.

 

 

 

Conmemoración Día do Libro

       
 

Hoxe celébrase un ano máis, o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO.

Son amigos cando cres que todo falla; acompáñante para aprender, para divertirte, para desenvolver a imaxinación...

Con tal motivo, o Departamento de Lingua e Literatura Castelá deseñou un plan de actividades para realizar ao longo da semana do 20 ao 24 de abril.

 

Podes consultar aquí o programa de actividades

           e tamén unha reportaxe fotográfica.

       
 

 

 

 

 

 

Salón do libro de Pontevedra

     
 

O venres 27 de marzo o alumnado de 1º ESO C e D visitou o Salón do Libro de Pontevedra. A temática deste ano levaba como título “Da ciencia á ficción” e os monitores ensináronnos como ata no conto máis sinxelo se agocha a ciencia. Sabías que, non só ao personaxe de Pinocho, senón a todos nos medra o nariz cando mentimos, as ventas anchéanse e a temperatura da cute sobe?

 

        

 

Ademais asistimos á obra de teatro Pan Pan da compañía A Panadaría. A obra é unha parodia dos westerns americanos con música vocal en directo e conta a historia dun cowboy, Harry. Este viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo un indio salvaxe, amigo seu, pero que lle roubara a súa muller. A obra resólvese cun final inesperado...

 
     
     

Visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro

 

O venres 17 de abril alumnos e alumnas de 1º de ESO fixeron unha saÍda ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, en Pontevedra.

 

 

 

Trátase dunha visita guiada co obxectivo de achegar ao alumnado as peculiaridades da arte do Neolítico, descubrindo deste xeito un mundo oculto entre as árbores, os petróglifos e a reconstrución dun poboado da Idade de Bronce.

 
 
   

                            Fai clik aquí para ver unha reportaxe fotográfica da actividade

   
   

 

Xornadas de Portas Abertas da Universidade de Vigo

       

O alumnado de 2º de bacharelato tivo a oportunidade de asistir o 13 de abril, xunto a estudantes doutros 11 institutos, ás Xornadas de Portas Abertas da Universidade de Vigo coordinadas polo Servizo de información, orientación e promoción do estudante (SIOPE).

   
   

Na Facultade de Económicas foron recibidos por D. Salustiano Mato de la Iglesia, rector da universidade e dona Virxinia Barros, directora do IES Álvaro Cunqueiro.

Distribuidos en dúas rutas segundo as súas preferencias: ruta 1 (ramas científico-tecnolóxicas) e  ruta 2 (ramas xurídico-sociais) poideron percorrer os diferentes espazos onde se desenvolve o traballo docente e de investigación: laboratorios, aulas, biblioteca, salón de actos, etc.

A visita, organizada polo Departamento de Filosofía,  resultou moi instrutiva e de grande interese para o alumnado, que estivo acompañado polos profesores Isidoro López e Carmen Padilla no seu percorrido  polo campus universitario

 

     
     

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut