Actividades curso 2017-2018.

Viaxe Londres 2018

Este ano a excursión de fin de curso de 4º ESO foi a LONDRES, dende o 15 ata o 19 de xuño. Aquí tedes un pequeno resumo das actividades realizadas durante eses días.

Primeiro premio no concurso El País de los Estudiantes

PRIMEIRO PREMIO de Galicia no concurso de Xornalismo nas Aulas de EL PAÍS DE LOS ESTUDIANTES para o IES ÁLVARO CUNQUEIRO

Parabéns aos alumnos da revista dixital  do instituto Trasno 3.0. Este  curso participaron por segundo ano consecutivo no concurso de EL PAÍS DE LOS ESTUDIANTES e acadaron  o primeiro premio en Galicia, o que lles da o recoñecemento de equipo finalista nacional. Neste enlace podedes consultar o  resultado do seu creativo e entusiasta traballo.

Ver o xornal

Primeiro premio no torneo intercentros de xadrez en Vigo

 

O luns 21 de maio celebrouse no IES de Coruxo o I Torneo Intercentros de Xadrez de Vigo.

Participaron catro centros da nosa cidade: xunto co organizador e o noso centro, estaban o IES de Beade e o IES da Guía.

Aquí podedes ver o grupo do IES Álvaro Cunqueiro co seu profesor Avelino Iglesias, que acadaron o primeiro premio: Álvaro Tolan, Xoán Manuel Padrón, Xenxo González, Santiago Rodríguez e Pablo Lamas.

 

Parabéns rapaces!!! 

O Vindel no Cunqueiro

 

 


Este curso lembrarémolo sen dúbida por ser o da "visita" do pergamiño Vindel á súa casa, este feito histórico provocou no profesorado de moitos lugares que promovéramos actividades ó redor deste evento. No IES Álvaro Cunqueiro foi aceptada a proposta dun Plan Proxecta que transmitira ó alumnado e á comunidade educativa a importancia de que Vigo fora o epicentro desta xoia documental da Idade Media. 

 Os departamentos de Galego, Música, Portugués, Historia e normalización lingüística tiramos do carro para programar actividades nas clases e fora delas que nos achegaran ó obxectivo. A visita física ó pergamiño Vindel foi esencial, sobre 300 alumnos foron camiñando ata Alcabre como unha peregrinaxe hacia o orixinal das cantigas de Martín Códax.

Foi unha experiencia realmente enriquecedora a colaboración multidisciplinar dende distintas materias que potenciaba dun xeito agradable e efectivo toda esta monografía que quedará para sempre na memoria dos nosos alumnos coa ventaxa indiscutible de que ó tempo afondaban na súa propia e máis cercana historia, unha historia que está no mundo enteiro xa para sempre con letra, música e imaxe.

Kayak 2018

 

O 20 de xullo un pequeno grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO gozou dunha xornada de kayak en Bouzas. A actividade estivo organizada polo departamento de Educación Física e contou coa colaboración do Clube Kayak Vigo
Fixeron un percorrido dende a praia de Bouzas ata a praia de Samil e voltaron.

Pasaron unha mañán estupenda, ata lles acompañaron os arroaces!!.

Saída ao Parque Nacional Peneda-Gerês

 

 O 4 de xuño participamos convidados polo IES Pazo da Mercé (As Neves) nunha saída conxunta ao Parque Nacional portugués da Peneda-Gerês. Tratábase dun encontro entre o alumnado de Portugués de ambos os centros con vocación de repetirse en próximos anos, ampliando a participación a máis centros onde se está a impartir esta materia como segunda lingua estranxeira.

A actividade central consistía nunha “trilha”, unha ruta, entre Lamas de Mouro e o Santuario da Peneda, acompañados dun guía do Parque. Por causa do mal tempo non a puidemos percorrer pero si visitamos o Centro de Interpretación e esas dúas poboacións, xunto coa vila de Castro Laboreiro, onde comemos. Xa de regreso, detivémonos na vila histórica de Melgaço.

Aínda que a actividade central da saída non se puidese realizar, si se cumpriu o obxectivo de establecer contacto entre os escolares dos dous centros.

 

 

Premio Mellor periodista da Voz de Galicia

O pasado 2 de xuño Pedro Velloso Quintela acudiu á Coruña a recoller o 3º premio Mellor peirodista xuvenil da Voz de Galicia. A súa entrevista ao seu tío avó, propietario de unha conserveira en Cangas, foi escollida entre mais de 4000 traballos presentados nesta edición. Parabéns, Pedro!
A entrevista de Pedro

 

 

Graduación 2º Bacharelato

O día 24 de maio os alumnos de 2º de bacharelato celebraron a Graduación nunha ceremonia entrañable. Deixamos aquí as fotos... 

  

Ver mais fotos

Certame Anual de Regueifas

O pasado venres 27 de abril, un grupo de mozos/as do Instituto participaron no Certame Anual de Regueifas que o Concello de Vigo organiza en Valadares.
Os/as valentes que subiron ao escenario foron:
Daniela Cartea, Paula Ferreira, Elisa Maya, Lucía Álvarez, Antía Fernández, Sofía García,
Lucas Madera, Judith Fernández, Carolina Rodriguez, Eva Ramilo, Judith Barcia,       Pablo Lamas, Miguel Vidal
Pasaron a 2ª rolda Miguel e Lucía, animados pola mellor inchada de todas as alí presentes. A emoción chegou ao límite cando na finalísima (só catro participantes eran os elixidos, de entre case 100 iniciais) entrou Lucía, que defendeu con moita arte e unha preciosa voz, o nome do Álvaro Cunqueiro.
Rapazas, rapaces, estamos moi orgullosos do voso paso polo certame. No 2019, máis e mellor!

Distribuir contido