Primeiro premio no torneo intercentros de xadrez en Vigo
O luns 21 de maio celebrouse no IES de Coruxo o I Torneo Intercentros de Xadrez de Vigo. Participaron catro centros da nosa cidade: xunto co organizador e o noso centro, estaban o IES de Beade e o IES da Guía. Aquí podedes ver o grupo do IES Álvaro Cunqueiro co seu profesor Avelino Iglesias, que acadaron o primeiro premio: Álvaro Tolan, Xoán Manuel Padrón, Xenxo González, Santiago Rodríguez e Pablo Lamas. |
|
Parabéns rapaces!!! |