Actividades curso 2013-2014
XVI Olimpiada Matemática Galega e concurso "Resolve o problema"
A fase final da XVI Olimpiada Matemática Galega de 2º de ESO tivo lugar o vénres 30 de maio no IES Manuel Antonio de Vigo. Parabéns aos nosos alumnos de 2º B: MANUEL EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ NOA SOAGE PORTELA que despois de superar a fase local, chegaron á final de Galicia e por moi pouco non chegaron á fase nacional. Seguide traballado coma este ano e...MANTEDE A ILUSIÓN!!!! GRAZAS.
|
Concurso RESOLVE O PROBLEMA
Os gañadores deste ano do noso concurso "Resolve o problema" foron:
1º ESO D: MIGUEL VÁZQUEZ BARCIELA
2º ESO B: MANUEL EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ
2º ESO C: MARTÍN ÁLVAREZ PUGA
e quedaron finalistas:
2º ESO C: NOELIA MARTÍN CABALEIRO
2º ESO B: NOA SOAGE PORTELA
!!PARABÉNS!!
SEMANA DA FROITA 2014
SEMANA DA FROITA 2014 A Consellería do Medio Rural autorizou a distribución de froita fresca para o alumnado do noso centro, dentro do seu Plan de consumo de froita fresca nas escolas. O plan establécese durante tres semanas; do 26 de maio ao 13 de xuño, e consiste no reparto dunha peza de froita de tempada a cada neno. Durante o primeiro recreo recollen a súa froita os alumnos de 1º e 2º da ESO. No segundo tócalle aos de 3º e 4º da ESO. Son os propios alumnos, e por quendas, os responsables do reparto das froitas. Entre estas froitas están cereixas, plátanos, peras, mazás, nectarinas e outras. |
LETRAS GALEGAS 2014
LETRAS GALEGAS 2014 O venres, 16 de maio, celebramos no noso centro o Día das Letras Galegas.O Departamento de Galego e o de Música, coa colaboración da nosa compañeira María López, organizaron con alumnos e alumnas de distintos cursos varios actos simultáneos:No vestíbulo interpretáronse cantigas medievais, un romance tradicional e rematouse co poema de Álvaro Cunqueiro “Quen poidera namorala”.No xardín foron recitados e cantados varios poemas, entre eles, a cantiga de amigo de Martín Códax “Ondas do mar de Vigo” e unha pastorela medieval.No salón de actos tivo lugar a homenaxe ao poeta X. Mª Díaz Castro, ao cal se lle dedicaba este ano o Día das Letras Galegas. Recitáronse varios poemas do autor, acompañados por música de violonchelo. Entre estes poemas salientamos o de “Penélope”, o máis coñecido de Díaz Castro.
|
Aquí tendes algúns videos do evento: |
Exhibición de Judo
EXHIBICIÓN DE JUDO
Participaron destas sesións dous grupos de 1º e outros dous de 2º da ESO, escollidos polo seu traballo nas clases de Educación Física. |
CLEVER PANTS theatre for ESO and BAC
![]() |
|
This year the company put on two different plays : |
A visita a IMATXINA
A visita a IMATXINA - 1º ESO
“As matemáticas son aburridas”..”A min as matemáticas non se me dan ben”....”Eu son de letras”...O Departamento de Matemáticas quixo botar abaixo estes e outros tópicos sobre as matemáticas coa visita didáctica, que fixeron os nosos alumnos de 1º de ESO. Os obxectivos da visita resúmense en:
"Siempre he creído que el mejor camino para hacer las matemáticas interesantes a los alumnos y profanos es acercarse a ellos en son de juegos"
|
Aquí podedes ver un vídeo da visita: |
Carreira de Orientación en Pontevedra 2014
SAÍDA DE ORIENTACIÓN AO MERCANTÍL DE PONTEVEDRA
O mércores 12 de marzo parte do alumnado de 1º e 2º da ESO xunto con alumnado do CEIP Escultor Acuña participaron no campeonato provincial de orientación, que se celebrou en Pontevedra no recinto do círculo Mercantil. Incritos nas categorías de infantil e cadete (tanto en masculino como en feminino), o día acompañou meteorolóxicamente e tamén no deportivo, xa que se conseguiron algunhas medallas (un primeiro posto, un segundo e un terceiro) e unha boa participación de todos/as. Aquí temos de esquerda a dereita aos medallistas: 2º Infantil Home. Jaime Caamaño Díaz 1º Infantil Dama. Celia Fernández Gómez 3º Infantil Home. Daniel Estévez Martínez
|
Viaxe á NEVE 2018
|
Despois de varios anos o centro retomou a saída á neve como unha actividade que ten o obxectivo de consolidarse para o alumnado de 3º da ESO.As circunstancias que acompañaron esta actividade foron do máis variopintas, ata o punto de considerar a súa anulación, pero o interese do propio alumnado, o apoio dos pais e a xestión in extremis para buscar unha oferta ao plano inicial, foron quen de sacala adiante.Dezaseis alumnos/as e dous adultos en condición de acompañantes, pasamos unha semana do 8 ao 15 de marzo que non vamos esquecer. Para a maioría foi o seu “bautismo de neve” nas magníficas condicións metereolóxicas e estupendas instalacións na estación de esquí de Boi Taull, en pleno Val de Arán no pirineo leridano.O baixo número de participantes obrigou a compartir a nosa viaxe co alumnado e profesorado de outros dous centros de Ferrol, IES. Catabois e Ferrol Vello, veteranos nas viaxes a Boi Taull. Só lles podemos dalas grazas polo seu trato e compañerismo e esperamos que se volve darse o caso, poidamos contar con eles en próximas ocasións. |
AQUÍ TEDES O VÍDEO RESUMO DA VIAXE
Homenaxe a Xela Arias
HOMENAXE A XELA ARIAS
Á procura de trazos que nos describan
O martes 11 de marzo, e organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega – AELG-, celebrouse no Salón de Actos do Instituto unha homenaxe a Xela Arias. Xela pasou polo Álvaro Cunqueiro -e pola vida- como una estrela fugaz. Fugaz porque só estivo connosco un curso, estrela polo brillo que irradiaba e a estela imborrable que deixou. “Intenpérianos” saber que xa non estás que “que a vida ía en serio”. Consólannos os teus versos, PALABRAS CONTRA O ESQUECEMENTO! Información sobre o acto no seguinte enlace da AELG: http://www.aelg.org/GetActivityById.do?id=309
|
