VISITA DO ALCALDE AO NOSO CENTRO
“O Alcalde amosa a súa satisfacción pola elección do noso centro para a apertura do curso escolar”
O martes tivo lugar no salón de actos a inauguración do curso académico coa participación do alcalde Abel Caballero e do concelleiro de educación Santos Héctor Rodriguez e a representante das ANPA. O alcalde resaltou o labor e implicación da comunidade educativa do noso centro e alentou aos estudantes a traballar arreo para conseguir unha boa formación.