Actividades curso 2011-2012

Senderismo

O día 21 de maio os alumnos e alumnas  de 2º, 3º da ESO e 4º de PDC fixeron unha saída de

sendeirismo organizada polo departamento de Educación Física, o percorrido comezou no parque

forestal de Zamans e rematou no de Beade. Agradecemos a todos a participación e bo comportamento.

   
  +fotos
   

Galicia nas terras da Gaita- Xornada Didáctica

O venres 8 de xuño de 2012 puidemos gozar dunha xornada didáctica sobre a gaita e o seu folklore

"Galicia nas terras da gaita".

 

Concerto Didácticos "Os Terribles de Donas"

No mes de Maio tamén puidemos gozar doutra actividade musical organizada dende o Departamento de Música.

Tratábase esta vez dun concerto didáctico-musical a cargo do grupo de música tradicional "Os Terribles de Donas" do que o noso tan querido  compañeiro Xaime (profesor de Música) forma parte.

Como se pode apreciar no vídeo todos gozamos moito e aprendemos algo máis sobre o noso tan prezado patrimonio musical. 

Moitas grazas a todos/as por vir !!!

.

Encontro con Carlos Núñez no IES Álvaro Cunqueiro

O pasado venres 25 de maio  tivemos a honra e o pracer de contar  cunha visita  moi especial para toda a nosa comunidade educativa,   xa que nos visitou un antigo alumno e célebre figura  de recoñecido prestixio  no ámbito musical, como é o gaiteiro Carlos Núñez. 

O encontro musical foi un auténtico éxito polo que dámoslle as grazas polo seu tempo e convidámoslle xa para o vindeiro ano.

 Moitas grazas Carlos.

 Podedes consultar a noticia que se publicou en  prensa no seguinte enlace:

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/05/26/carlos-nunez-alumno-tocaba-flauta-boli/651816.html

 

Xornada Musical 2012

Ola de novo.

Déixovos o vídeo resumo do fantástica Xornada Musical que tivo lugar neste centro  e na que vos fostes os grandes intérpretes.

Gracias por compartir con toda a comunidade educativa o voso talento musical.

Norabóa!

 

Charla con Pedro Aguado (Hermano mayor)

   

O pasado xoves os alumnos de 4º ESO asistiron a unha charla con Pedro Aguado no Auditorio de Novagalicia Banco.

Pedro Aguado dende a sua experiencia insistiu nos problemas graves do uso das drogas.

Taller de construción instrumentos musicais"

Aquí tedes o vídeo onde se amosa o voso traballo de "Construción instrumentos musicais".

Norabóa a todo o alumnado de 2º ESO

 

Botónpolis de Andrea Rodríguez Aller

 Mi nombre es Andrea Rodríguez Aller y soy ex-alumna del instituto de la promoción que terminó en el año 2.004.

Me encuentro profesionalmente metida en un proyecto audiovisual en el que soy la creativa, directora y productora. Se trata de una serie infantil de nombre "Botónpolis" que aún no ha sido emitida pero que si conseguimos muchas reproducciones en youtube y muchos "me gusta" en facebook estaremos más cerca de que vea la luz. 

 

A lei do menor

 

O alumnado de 4º de ESO asistíu, o pasado 13  xaneiro a unha conferencia-coloquio a cargo de D. EMILIO CALATAYUD (xuiz de menores de Granada dende 1988). Este xuiz é coñecido polas súas sentenzas exemplares baseadas na educación máis que no castigo. No medio dunha gran espectación e co estilo propio que lle caracteriza, tocou temas como o maltrato a pais, os delitos informáticos, a violencia doméstica e os abusos e agresións sexuais.

   
                     

 

 

 

 

Cadea humana contra a violencia de xénero

O pasado venres 26 de novembro, os alumnos de 3ºESO PDC e de 4ºESO PDC asistiron a un acto de protesta contra a "violencia de xénero". O acto consistiu nunha cadea humana dende o Concello ata a Praza do 8 de marzo, na rúa Camelias, formada por escolares, e por outro lado unha cadea formada por outros cidadáns dende o museo Marco ata o Concello. No acto léronse diferentes manifestos en contra da violencia. 

   
   
   + fotos
Distribuir contido