Concerto Didácticos "Os Terribles de Donas"

No mes de Maio tamén puidemos gozar doutra actividade musical organizada dende o Departamento de Música.

Tratábase esta vez dun concerto didáctico-musical a cargo do grupo de música tradicional "Os Terribles de Donas" do que o noso tan querido  compañeiro Xaime (profesor de Música) forma parte.

Como se pode apreciar no vídeo todos gozamos moito e aprendemos algo máis sobre o noso tan prezado patrimonio musical. 

Moitas grazas a todos/as por vir !!!

.