Skip to Content

Blogues

Actividades do Equipo de Dinamización da Lingua galega

Preme aquí para ver as Receitas gañadoras


Xa sabemos que moitos e moitas de vos sodes un pouco larpeiros así que animámosvos a participar en...



Bases:

Debes presentar o día 11 de novembro, antes das 10 da mañá, a túa receita feita, cunha folla, onde explicas, en galego, como se fai. Non esquezas escribir na folla o teu nome e apelidos.

Pode ser doce ou salgado.

Valorarase: gusto, presentación, e sobre todo a receita escrita.

Os gañadores terán un pequeno agasallo e publicaremos a súa receita na revista do instituto.

Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

 

Visita Didáctica ó "Museo Liste"

O alumnado de 2º da E.s.o. asistiu os días 17 e 18 de abril, á vista guiada polas instalacións do Museo Etnográfico Liste e á realización do obradoiro “Instrumentos Humildes”. A actividade foi un éxito, se tedes algunha dúbida premede no vídeo.

 

II Obradoiro de construción de instrumentos musicais

Un ano máis o alumnado do noso centro deu renda solta a súa creatividade participando no Obradoiro de Instrumentos Musicais. Foron os alumnos/as de 2º ESO os que realizaron esta pequena actividade. Aquí vos deixo algúns dos traballos:


Os instrumentos que maior puntuación obtiveron na votación realizada por toda a comunidades educativa do centro foron os seguintes:

1º Premio: William Cárcer Velarder 2º ESO B -  Berimbao.

2º Premio: Diego Castro González  2º ESO A -  Xilófono de botellas.

3º Premio: Brais Vila González        2º ESO B -  Bongós. 

 

Accésit:     Miguel Camiña Fernández    2º ESO A - Frauta de pan.

Accésit:     Aroa Mosquera Vila            2º ESO C - Perchófono (berimbao caseiro).

Accésit:     Miguel Pardo Novoa           2º ESO C- Frauta traveseira.  

 


Curso 2012/13- Os primeiros traballos de aula (Música)

Comezamos un novo curso no que novamente vós, o alumnado, sodes os grandes protagonistas. 

Neste caso son os alumnos/as dos cursos de 3º ESO (A-B-C) os que amosan os seus traballo de aula sobre a música nas primeiras civilizacións. 

 

Galicia nas terras da Gaita- Xornada Didáctica

O venres 8 de xuño de 2012 puidemos gozar dunha xornada didáctica sobre a gaita e o seu folklore

"Galicia nas terras da gaita".

 

Concerto Didácticos "Os Terribles de Donas"

No mes de Maio tamén puidemos gozar doutra actividade musical organizada dende o Departamento de Música.

Tratábase esta vez dun concerto didáctico-musical a cargo do grupo de música tradicional "Os Terribles de Donas" do que o noso tan querido  compañeiro Xaime (profesor de Música) forma parte.

Como se pode apreciar no vídeo todos gozamos moito e aprendemos algo máis sobre o noso tan prezado patrimonio musical. 

Moitas grazas a todos/as por vir !!!

.

Encontro con Carlos Núñez no IES Álvaro Cunqueiro

O pasado venres 25 de maio  tivemos a honra e o pracer de contar  cunha visita  moi especial para toda a nosa comunidade educativa,   xa que nos visitou un antigo alumno e célebre figura  de recoñecido prestixio  no ámbito musical, como é o gaiteiro Carlos Núñez. 

O encontro musical foi un auténtico éxito polo que dámoslle as grazas polo seu tempo e convidámoslle xa para o vindeiro ano.

 Moitas grazas Carlos.

 Podedes consultar a noticia que se publicou en  prensa no seguinte enlace:

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/05/26/carlos-nunez-alumno-tocaba-flauta-boli/651816.html

 

Xornada Musical 2012

Ola de novo.

Déixovos o vídeo resumo do fantástica Xornada Musical que tivo lugar neste centro  e na que vos fostes os grandes intérpretes.

Gracias por compartir con toda a comunidade educativa o voso talento musical.

Norabóa!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut