Skip to Content

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

 REUNIÓN COAS FAMILIAS

Convidamos ás familias do alumnado da ESO a acudir ao centro o próximo mércores 27 de setembro pola tarde. Serán recibidas en primeiro lugar polo equipo directivo e despois polo profesorado titor dos distintos grupos. 

Cada nivel estará convocado a unha hora distinta. Por favor consulten o horario no seguinte enlace

HORA     CURSO
18:00     4º ESO
18:20     3º ESO
18:40     2º ESO
19:00     1º ESO

 

As familias do alumnado de bacharelato están convocadas á correspondente reunión o luns día 2 ás 18:30. Serán recibidas en primeiro lugar polo equipo directivo e despois polo profesorado titor dos distintos grupos.

Teñen a convocatoria dispoñible no seguinte enlace.  

  

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Poderán consultar a información sobre a resolución de FONDOLIBROS na aplicación de fondolibros ou no recibidor do instituto.

Xa se poden recoller os vales de material na administración do cetnro.

Calquera dúbida sobre a entrega dos libros poden preguntar na secretaría do instituto.

   

OFERTA EDUCATIVA 2023-2024

 

 


Excursión ao Ebro 2023

O alumnado de 4ºESO foi de excursión fin de curso ao EBRO, dende o 1 de maio ata o 7 de maio. Entre as actividades nas que participaron pódense destacar: barranquismo, ruta en bicicleta, kayak e nadar con atúns. Tamén foron a Barcelona e a Port Aventura. En todas as actividades en que participamos, felicitáronnos polo comportamento do alumnado.

1º Torneo Xadrez do IES ÁLVARO CUNQUEIRO

Na segunda semana de Xuño celebramos o noso I Torneo de Xadrez, pois temos unha grande afición a este xogo entre o noso alumnado. Por cuestións organizativas este primeiro ano só puideron participar 16 alumnos/as pero houbo máis interesados/as.

Seguro que no curso próximo poderase celebrar o II Torneo de Xadrez, onde ampliaremos as posibilidades de participación.

E o ganador foi:  Pazos Morales, Brais Alfonso. Noraboa!

Aqui podes ver a partida final.

 

Resultados ABAU 2023

Publicadas as notas das ABAU de xuño, o 100 % do alumnado que se presentou superou a proba. Noraboa!!

A cor na cafetería da man de 1º da ESO e 1º de bacharelato

Estes días podemos desfrutar na cafetería do centro de dúas exposicións promovidas polo departamento de EPVA:

 - Exposicion “Composicións de cor” 1º bach de Debuxo Artistico

 - Móbiles de cores con Baricentros, 1º ESO En colaboración cos departamentos de Matematicas e Debuxo

Pasádevos pola cafetería!

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes para movilidade ERASMUS no curso 2022-2023

Amplíase ata o luns 15 de maio o prazo de presentación de solicutdes para a movilidade ERASMUS KA121.

Para máis información acceder ao apartado de novas ou ao enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesalvarocunqueiro/convocatoria-movilidades-erasmus-ka121-2022-2023

O club de Lego no día de Star Wars 2023

O alumnado do club de Lego decidu crear unha representación baseada en Star Wars para este día 4 de maio. Aquí tendes algunhas fotos!

 

Musiqueando 2023

O pasado 28 de abril, 40 alumnos e alumnas de 2ºESO participaron na xornada musical coñecida como Musiqueando. Esta iniciativa impulsada por COAEM (Confederación de Asociacións de Ensinanza Musical do Estado Español) pretende compartir e poñer en valor a música que os rapaces realizan nas diferentes aulas do estado.

Neste ano 2023, o noso centro participou co alumnado de 2ºESO cantando na residencia xeriátrica "El Rocío" situado no barrio de Coia. Recibíronnos con moito agarimo e agardamos volver pronto a cantar para eles.

Máis fotos na galería!

 

CinVigo 2023

Esta pasada fin de semana o alumnado do club de ciencias de 3º e 4º da ESO participou xunto co alumnado do IES Alexande Bóveda na primeira edición de CinVigo, unha feira de ciencia na rúa organizada polo centro de investigación CinBio.

Aínda que a primeira hora do sábado o tempo non parecía acompañar moito, finalmente a xornada foi todo un éxito e o alumnado desfrutou transmitindo o aprendido e traballado no proxecto do parque da Bouza.

Agardamos xa pola próxima edición!

Máis imaxes na galería.

Rally sen fronteiras 2023

Este ano dous grupos de 2º de ESO e un grupo de 4º de ESO animáronse a participar no Rally sen fronteiras, un concurso de matemáticas por grupos para toda a ESO. Penso que pasamos unha boa tarde no centro, traballando nas probas de matemáticas cos compañeiros e compañeiras. Grazas por animarvos a participar!

Ademais, o grupo de 2º ESO D clasificouse para a fase galega en Santiago! Pasaron alí un bo día co profesorado de matemáticas, coñeceron a facultade de Química, viron algúns experimentos, deron unha volta pola cidade.

Deixámosvos as fotos na galería.

Distribuir contido


by Dr. Radut