Viaxe á neve 2019


 

 Este ano a viaxe a neve foi a BoÍ Taüll.

Situada no Pirinero de Lleida, a estación de esquí, ofrece todo o necesario para disfrutar destes deporte ao máximo nivel.

Durante a tempada invernal son moitos os visitantes que atraídos pola beleza da paisaxe e polas ganas de practicar o esquí.

+

Regueifas 2019

 

Un ano máis, o pasado venres 15 de febreiro acudimos a Valadares para participar no Certame de Regueifas que organiza o Concello de Vigo.

Dúas das nosas compañeiras chegaron á finalísima, unha disputa de moitísimo nivel entre catro mozas. A participación, como en edicións anteriores, foi moi alta, reuníndose no escenario arredor de 120 regueifeiras/os de moitos institutos vigueses. 
Queremos dar as grazas a todo o alumnado participante, que logrou poñer o nome do Álvaro Cunqueiro no máis alto. Ah, por certo! Que rica estaba a rosca que papamos por chegarmos á final

Visita a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía de Vigo

No mes de decembro os alumnos/as de  1º e 2º de Bacharelato (Bioloxía e Xeoloxía) visitaron a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía de Vigo. O obxectivo da visita foi unha charla explicativa e  visionado dos espectaculares exemplares de minerais que alí se atopan, seguida dun taller interactivo teórico-práctico donde os alumnos aprenden a identificar os minerales máis comúns a partir das súas propiedades físicas, así como a súa clasificación, usos…
Posteriormente asistiron a charlas sobre saídas profesionais e desenvolvemento de magníficos traballos de investigación que se están a realizar en dita Escola

Excursión Á Coruña

 

 
O luns 16 de xeneiro realizouse unha excursión á Coruña con alumnos de 3º de ESO, Visitamos os museos científicos da Coruña: Domus, Acuario, Casa das Ciencias e Planetario. Foi unha actividade moi interesante e divulgativa.  

Saída á pista de xeo 2018

O alumnado de 1º ESO fixo unha saída, o día 20 de decembro, á pista de xeo en Samil. A saída foi organizada polo Departamento de Educación Física.

Os protagonistas

 

Reportaxe fotográfica

Saída ao CEP Celso Emilio Ferreiro

O pasado venres, 16 de novembro, algúns alumnos de 3º da ESO desprazouse ao CEP Celso Emilio Ferreiro para colaborar na organización dos xogos populares do Magosto 2018.

Aquí tedes aos protagonistas ........

traballando...........

 

Viaxe Londres 2018

Este ano a excursión de fin de curso de 4º ESO foi a LONDRES, dende o 15 ata o 19 de xuño. Aquí tedes un pequeno resumo das actividades realizadas durante eses días.

O TokApp Achool, xa en funcionamento

FAMILIAS e ALUMNOS

Descarga a app TokApp School en

https://www.tokappschool.com/

e mantén un contacto permanente co teu centro.

Primeiro premio no concurso El País de los Estudiantes

PRIMEIRO PREMIO de Galicia no concurso de Xornalismo nas Aulas de EL PAÍS DE LOS ESTUDIANTES para o IES ÁLVARO CUNQUEIRO

Parabéns aos alumnos da revista dixital  do instituto Trasno 3.0. Este  curso participaron por segundo ano consecutivo no concurso de EL PAÍS DE LOS ESTUDIANTES e acadaron  o primeiro premio en Galicia, o que lles da o recoñecemento de equipo finalista nacional. Neste enlace podedes consultar o  resultado do seu creativo e entusiasta traballo.

Ver o xornal

Distribuir contido