Actividades curso 2016-2017

Actividades curso 2016-2017

Convivencia nas Illas Cíes

 

     

XORNADA DE CONVIVENCIA

Mércores 21 de xuño

 

Dende o porto de Vigo o mércores 21 de xuño saíron 168 alumnos, 10 profesores e 5 monitores dispostos a compartir unha xornada de convivencia e lecer no entorno incomparable das illas Cíes.

 

   
     
     

Despois de subir ata o Alto do Príncipe puideron observar aves que crian e hibernan neste lugar (gaivotas patiamarelas, araos e corvos mariños). xunto  á variedade de fauna e flora.

A Lagoa dos Nenos mantén viva a unión da illa de Monteagudo e a illa do Faro nun ecosistema único. Nos seus fondos areosos medran plantas acuáticas e nas calmas augas puidemos apreciar o movemento da vida: alevíns, muxos, sargos, douradas, sepias, polbos ou agullas.

 

 

  Reportaxe fotográfica

 

Piragüismo 2017

   
 
 

 

Os días 12 e 19 de xuño o alumnado de 2º ESO gozou dunha xornada de piragüísmo en Bouzas. A actividade estivo organizada polo departamento de Educación Física e contou coa colaboración do Clube Kayak Vigo. O día 12 participaron 28 alumnos-as de 2º ESO A e D e o 19 foron 30 participantes dos grupos B e C.

Gozaron dunha magnífica tarde praticando un deporte que era novo para moitos deles!!

 

 
 

Reportaxe fotográfica

 

 

BIG CHALLENGE 2017

       
 

Un ano máis participamos no concurso BIG CHALLENGE.

O pasado 4 de maio, 59 alumnos e alumnas dos catro cursos de ESO puxeron a proba os seus coñecementos da lingua e cultura anglosaxona.

 

Os resultados foron altamente satisfactorios: Andrés Vázquez Barciela, de 2º ESO D, acadou o primeiro posto provincial do seu curso, empatado con Ismael López Gallo.

 

 

   
     
 

Noraboa aos gañadores de cada nivel !

Grazas a tódolos participantes. O vindeiro curso tentaremos facelo aínda mellor.

 

   Reportaxe fotográfica

 

 

Teatro no Instituto

O grupo de teatro do IES Álvaro Cunqueiro convida ao alumnado do

centro e ás súas familias á representación da obra:

INFORMATIVOS TELE 4

Será no salón de actos, o vindeiro MARTES 13 DE XUÑO ás 18:30.

AGARDÁMOSVOS!!

NON PODEDES PERDELA!!!

 

 

 

Visita á Escola de Enxeñería Industrial

 

O xoves 26 de maio, o alumnado de Tecnoloxía Industrial I de 1º de Bacharelato, subíu ao CUVI, para visitar a Escola de Enxeñería Industrial.

 

 
 

   

 
 

 

Fomos recibidos e guiados polo subdirector da Escola, Fernando Cerdeira, que nos levou a visitar o Laboratorio de Física, o Laboratorio de Automática e Electrónica, o taller do coche que vai competir na Fórmula Universidad e mais o Laboratorio de Procesos de fabricación, e en cada un deles explicoulles o traballo que fan e fixéronlles unha pequena demostración.

Ademais tamén nos informaron dos distintos graos e másters que alí se imparten. A visita resultou moi interesante e didáctica para os alumnos.

 
     
     

Graduación. Promoción 2011-2017

     
   
     
 

O venres 26 de maio celebramos no Salón de Actos do IES Álvaro Cunqueiro, ás 6 da tarde,  o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato.

O profesor Angel Agulló lembrounos aos alí presentes o esforzo realizado polo equipo docente para procurar unha educación pública de calidade a todos os que agora rematan, asi como a necesidade de seguir adiante con ilusión para conseguir cada quen o seu soño.

Pais, nais, alumnos e profesores do centro tiveron a oportunidade de compartir impresións sobre o traballo  realizado por todos eles ao longo do curso e os bos resultados obtidos.

 

Fai clik aquí se queres ver unha reportaxe fotográfica do acto.

 

 

 

Voyage culturel à París

       
 

 

Les élèves de Français de 1º BACH A-B-C ont fait un voyage culturel à Paris du 2 au 6 avril 2017. Ils ont bien évidemment visité les musées du Louvre et Orsay, ils sont allés à la cathédrale de Notre-Dame, à la Sainte-Chapelle, au Sacré-Coeur, à Trocadéro, au Moulin Rouge, à l'Opéra Garnier, ils sont montés à la Tour Eiffel et à la Grande Roue de la Concorde, ils ont pris le bateau-mouche, ils ont mangé de délicieuses crêpes, ils se sont beaucoup amusés à Disney, ils ont pris le métro de nombreuses fois… et ont aussi beaucoup marché dans les belles rues de la capitale française!

   
       
   
 
   
       
 

 

 

 

   

Encontro de Clubs Manga

       
       
 

 

O luns 24 de abril tivo lugar unha nova xuntanza dos Clubs de Manga. Recibimos no noso centro aos alumnos dos IES Alexandre Bóveda, as Barxas e A Paralaia de Moaña, Escolas Proval de Nigrán, IES San Paio de Tui e Ricardo Mella de Vigo. Houbo un apretado programa de eventos que podedes ver nestas fotografías.

A próxima cita é no COMICON de Moaña o vindeiro venres 12 de maio.

   
       
 

E alí estivemos......na I Convención Comicon Intercentros. Na xornada houbo bailes (flasmob), concursos de cosplay (disfraces) e de talentos. No de talentos gañou Aida Bernárdez ,alumna de 2º de Bac, cunha canción.

Reseña do acontecemento na prensa. 

 

 

   

Excursión á neve 2017.

     
 
Entre o 12 e o 18 de marzo 42 alumnas e alumnos de 3º de ESO realizaron unha viaxe a Jaca, estiveron acompañados por tres profesores do centro.

Gozaron dunha semana de esquí na estación de Candanchú e como actividades complementarias fixeron unha visita á Catedral de Jaca, foron patinar á pista de xeo e tamén participaron nunhas partidas na boleira.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo, e se queredes máis podedes visitar aquí a galería de fotos do centro.

 
     
     
     

Excursión a Monteferro

   

O pasado 18 de abril o departamento de Bioloxía organizou unha saída  para  alumnos de 1º de BAC. A visista consistiu nunha ruta xeolóxica guiada polo fantástico divulgador e doutor en xeoloxía Francisco Canosa. Recoñeceron e identificaron minerais metamórficos, rochas e estruturas xeolóxicas da zona, así como os procesos que as orixinaron.

 

       


¡Agradecemos a todos o bo comportamento e interés mostrado durante a visita!

 
   
   
Distribuir contido