Skip to Content

Obradoiro de instrumentos musicais.

 

 
 

A principios do pasado mes de abril, o alumnado de Música de 2º ESO participou nunha divertida e interesante actividade de aula, consistente na construcción dos seus propios instrumentos musicais.

 
   
 

 Para a súa elaboración empregaron todo tipo de materiais inxeniosos, destacando aqueles que fixeron uso de materiais de refugallo, dando mostra da súa creatividade, para lograr crear instrumentos con sons reais.

 
         
 

Unha vez deseñados e construídos, ben individual ou ben en parellas, estes instrumentos foron presentados na aula ao resto de compañeiros/as, e expostos públicamente no hall do instituto onde tivo lugar unha votación, na que se elixiron como instrumentos mais interesantes os elaborados por:

          1.- Marta Moreno Nieto (2º C)

          2.- Alba Conde Moure (2º D)

          3.- Mª Elvira Fernández Cagigas (2ºB)

 
       Marta Moreno NietoAlba Conde Moure  
     
     


page | by Dr. Radut