Skip to Content

Actividades curso 2015-2016

Obradoiro de iniciación ao portugués

     
     
 

Este curso 2015-16 é o primeiro no que se imparte a materia de Portugués no IES Álvaro Cunqueiro. O 27 de outubro tivemos a primeira actividade para o grupo que o escolleu como segunda lingua estranxeira. Consisitiu nun obradoiro de iniciación ao portugués, ofertado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Nel mostráronnos como o portugués é unha lingua que nos serve para comunicarnos con máis de 200 millóns de persoas e nos cinco continentes. E que os galegos temos unha gran vantaxe para aprendelo, xa que as nosas linguas teñen un pasado en común e, por tanto, moitas semellanzas.

 

 
     
     
  Pero tamén temos "falsos amigos" entre as dúas linguas, como espantoso que significa xustamente o contrario, 'magnífico', ou esquisito que significa 'estraño'.  
  O alumnado de 1º ESO B estivo acompañado pola profesora de Portugués, Mª Xosé Rial Conde.  
     
     
     

Charlas informativas

         
         

 

 

 

26 de outubro

ás 16:30 

Salón de actos

 

O alumnado de 2º ESO puido asistir a unha sesión informativa e formativa sobre Os riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías impartida por un experto do Corpo Nacional de Policía.

 

 

 

 

 

9 e 16 de novembro

ás 16:30

Salón de actos

 

Continúan as charlas informativas. Nesta ocasión están dirixidas ao alumnado de 3º e 4º ESO, e tratarán sobre os Riscos derivados do consumo de drogas e alcohol. Serán impartidas igualmente por un experto do Corpo Nacional de Policía.

 

 

 

Agardamos a vosa asistencia  !!

 

 

 

Día das bibliotecas,

                     
       

"O amor pola lectura é algo que se aprende pero non se ensina. Da mesma forma que ninguén pode obrigarnos a namorarnos, ninguén pode obrigarnos a amar un libro. Son cousas que ocorren por razóns misteriosas, pero do que si estamos convencidos é que hai un libro que nos espera a cada un de nós. Nalgún lugar da biblioteca hai unha páxina que foi escrita para nós"

Alberto Manguel

           
                     
 

O 24 de outubro conmemórase o DÍA DAS BIBLIOTECAS. Con motivo desta data  o Grupo de profesoras encargadas da biblioteca do IES Álvaro Cunqueiro elaborou un plan de actividades nas que se inclúe a visita do alumnado da Eso á Biblioteca Escolar do centro para coñecer os fondos documentais e familiarizarse co servizo de préstamo; así como  unha actividade de aula consistente na lectura de imaxes.

 

Se queres ver fotos das actividades. Fai clik aquí.

 

 

 

     

Coñeces a lingua de signos?

               
               
       

O xoves 15 de outubro, os tres grupos de 1º ESO asistiron a unha charla sobre a lingua de signos que foi impartida polo equipo AZlingua de signos.

 

A actividade ten a finalidade de achegar aos alumnos a esta forma de comunicación, dada a presenza da comunidade xorda nun dos nosos centros adscritos, así como darlles a coñecer as posibilidades desta linguaxe. 

   
           
   

       
             
   

A ANPA organiza como unha das actividades extraescolares un curso no noso centro.

Si é do teu interese aínda estás a tempo de inscribirte nel.

   
         

 

 

 

   

Visita a Localia y Radio Vigo

Los alumnos de 4º de eso ,el día 7 de noviembre, visistaron las instalaciones de Localia TV y pudieron comprobar de manera práctica el funcionamiento de esta cadena de comunicación-

foto 1

foto2

foto3

foto4

Distribuir contido


by Dr. Radut