Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DA PROTECCIÓN DE DATOS

O 28 de xaneiro, celébrase o Día Internacional da Protección de Datos, data proclamada en 2006 polo Consello de Europa co obxectivo de informar e concienciar sobre os dereitos e obrigacións en materia de protección de datos.

No ámbito europeo, a norma que garante a protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes é o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RXPD), plenamente aplicable desde o 25 de maio de 2018.  Pola súa banda, a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) adapta a lexislación española ao devandito Regulamento europeo.

 

Guía para centros educativos

https://www.aepd.es/sites/default/files/2019-10/GuiaCentrosEducativos_.pdf



page | by Dr. Radut