Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Cursos de inglés-francés

Cursos de idiomas

1.- Información xeral

2.- Coñecementos que se pretenden acadar

3.- Destinatarios do curso

4.- Horarios

5.- Matrícula

 

1.- Información xeral:

As clases comezarán na primeira ou segunda semana de outubro, e rematarán aproximadamente a finais de maio ou principio de xuño. As clases consistirán en sesións de 50 minutos.

Detectaranse os coñecementos sobre o idioma en cada un dos grupos e poderase reubicar o alumnado en distintos niveis en función dos seus coñecementos.

Unha lingua estranxeira debe ter como fin a consecución dunha competencia básica comunicativa que posibilite a utilización desa lingua de xeito que se produza unha transacción lingüística eficaz e significativa. Isto é de aínda máis importancia no transcurso dun curso de inglés-francés-portugués para adultos, en onde o alumnado busca a competencia comunicativa apremiados por unha necesidade ou cun firme interese e curiosidade polo idioma. Así pois, estes cursos pretenden dar resposta ao importante reto de axudar ao alumnado na adquisición dunha competencia comunicativa en inglés, adecuada ás súas necesidades ou intereses.

[subir]

2.- Coñecementos que se pretenden acadar:

  • Dar e obter información oral e escrita.
  • Utilizar o role-play como instrumento de comunicación significativa.
  • Deducir e utilizar regras gramaticais.
  • Practicar modelos de pronuncia.
  • Efectuar intercambios de información: information gap activities.
  • Reflexionar sobre un tema e dar opinión ao respecto.
  • Desenvolver xogos como instrumentos de interacción e aprendizaxe cooperativo e creativo.
  • Recoñecer aspectos da pronuncia, acento e stress.
  • Ordenar loxicamente textos, frases ou palabras.
  • Establecer comparacións entre costumes de países anglosaxones e o noso.
  • Realizar intercambios comunicativos orais e escritos.
  • Construír frases afirmativas, negativas e interrogativas.
  • Encher ocos para completar frases: gap fill.
  • Estudar os distintos sons do inglés.
  • Completar unha entrevista a través de información gravada.
  • Completar e efectuar a identificación de personaxes a través de distintos datos personais.
  • Comparar eventos culturais e deportivos de países anglosaxones e o noso.
  • Descricións de personaxes.
  • Cumprimentar información escrita.
  • Extraer información a partir de documentos escritos e orais procesando e tranfiriendo os seus elementos esenciais.
  • Redactar e construír cartas e informacións de carácter persoal.
  • Desenvolver actividades para intercambiar información: mingle activities.
  • Elaborar e autocorrixir textos a partir de modelos propostos.
  • Traballar por parellas e en pequenos grupos.
  • Realizar enquisas.
  • Construír frases ordenando os seus elementos.
  • Recoñecer, identificar e escribir palabras e datos a partir do listening.
  • Recoñecer erros nun texto escrito ou oral.
  • Comprender e dar informacións.
  • Extraer información dun texto e contestar preguntas oportunas.
  • Solucionar encrucilladas: crossword puzzles.
  • Identificar e clasificar grupos de palabras en función do seu significado.
  • Utilización de cancións.
  • Extraer información a partir de documentos gráficos.
  • Coñecer e utilizar o vocabulario.
  • Captar información gravada.
  • Deducir o que se vai dicir.
  • Relacionar o que se ve co que se oe.
  • Compresión de diferentes puntos de vista.
  • Dar consellos.
  • Utilización do ordenador e internet para desenvolver actividades.

[subir] 

3.- Destinatarios do curso:

O curso está dirixido a persoas:

Cun nivel cero no idioma de inglés, francés ou portugués, que se incorporarán ao nivel de iniciación.

Que desexen continuar o curso do ano anterior e queiran seguir ampliando coñecementos, incorporaranse aos diferentes niveis que se establezan neste ano escolar.

[subir]

4.- Horarios:

Consultar o apartado Alumnado Horarios.

[subir]

5.- Matrícula:

O prazo de matrícula está aberto todo o ano, sempre que a dispoñibilidade do centro o permita. Consultar previamente.

[subir]

Distribuir contido


by Dr. Radut